Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Menús escolares: Só catro de cada dez centros ofrecen menús escolares nutritivos e equilibrados

Un de cada catro suspende o exame de CONSUMER ó cometer varios dos seis erros dietéticos que os especialistas consideran importantes

Como debe ser un menú escolar

 

  • Os menús escolares débense axustar ás recomendacións dietéticas en canto a "racións", composición enerxética e nutricional da idade preescolar e escolar. Deben ser variados e gastronomicamente aceptables e apetecibles. Nenos e nenas débense afacer a mastigar e a degustar todo tipo de alimentos.
  • Convén que inclúan alimentos de tempada, sobre todo froitas frescas, hortalizas e verduras.
  • Deben ser distintos en función da época do ano. En épocas de calor son máis recomendables as preparacións máis frescas e lixeiras (ensaladas de arroz, pasta, pataca, de legumes, cremas frías) mentres que nas de frío son desexables preparacións máis consistentes que se serven a maior temperatura: potaxes, cocidos, guisos.
  • Débese ofrecer a posibilidade de adaptar menús a alteracións ou enfermidades: diabetes, intolerancia ó glute, alerxias alimentarias.
  • Comprobar a frecuencia semanal de alimentos básicos: verduras, peixe e legumes, unha vez por semana; froita preferentemente nas sobremesas; precociñados, non máis de dúas veces por semana.
  • As verduras non se deben presentar sempre trituradas como purés ou cremas e deben ser variadas. O mesmo se pode dicir do peixe fresco (non sempre pescada rebozada), carnes (polo asado ou fritido ou delicias de polo...), etc.
  • Non se incluirán precociñados e derivados cárnicos graxos máis de dúas veces por semana. Non é axeitado que nunha mesma semana se ofrezan albóndegas, hamburguesas ou salchichas e pizza, nuggets de polo, variñas de peixe e salchichas Frankfurt, etc.
  • Comprobar que se empregan diversas técnicas culinarias (prancha, forno, estufado, guiso, fritido...) e que non se abusa de preparacións graxas como fritos, rebozados ou empanados.
  • Os segundos pratos irán acompañados de gornicións ou salsas, verdura ou ensalada, puré de pataca, rustridos de verdura, e non sempre de patacas fritas ou de salsa de tomate.
  • De sobremesa, froita fresca e lácteos sinxelos; e non doces como biscoito, xeados, etc.
  • Pais e nais complementarán o menú escolar co resto de comidas en casa: un bo almorzo a base dun lácteo e farináceos (cereais, pan, galletas...), froita ou zume; colacións a media mañá ou pola tarde a base de lácteos sinxelos, froita e o seu zume, ou bocadillos; e unha cea lixeira.

TÁBOA COMPARATIVA

Os centros que suspenden en...
Centros escolares de... Non verdura (1) Non legume (2) Non peixe (3) Escasa froita fresca (4) Abuso de precociñados (5) Abuso de doces e bolería (6)
A Coruña 41% 35% 24% 29% 12% 18%
Àlava 6% 0% 6% 0% 0% 0%
Almería 67% 0% 67% 17% 33% 0%
Barcelona 19% 38% 31% 13% 31% 6%
Cantàbria 77% 6% 35% 0% 29% 0%
Guipúscoa 12% 12% 12% 12% 6% 6%
Madrid 25% 19% 25% 6% 6% 0%
Málaga 80% 20% 13% 0% 43% 0%
Murcia 75% 60% 63% 6% 25% 0%
Navarra 0% 6% 13% 6% 13% 0%
Valencia 67% 22% 61% 6% 6% 0%
Biscaia 0% 0% 19% 0% 6% 0%
Zaragoza 13% 7% 47% 7% 0% 7%
Total 36% 14% 30% 8% 15% 3%

(1) Porcentaxe de escolas que non inclúen verdura polo menos unha vez por semana nunha ou nas dúas semanas analizadas.

(2). Id. que non inclúen legumes.

(3). Id. que non inclúen peixe

(4). Id. que non inclúen froita fresca

(5). Porcentaxes de escolas que inclúen precociñados e frituras (san xacobes, salchichas, croquetas, luras, etc.) máis de dúas veces por semana nunha ou nas dúas semanas analizadas.

(6). Id. que inclúen como sobremesa produtos doces ou bolería máis de dúas veces por semana unha ou nas dúas semanas analizadas.

A información facilitada ós pais, sabemos que comen os nosos fillos?
Centros escolares de... Moi detallada Suficientemente detallada Pouco detallada Nada detallada Valoración
A Coruña 6% 29% 59% 6% Malament
Àlava 0% 94% 6% 0% Molt bé
Almería 0% 67% 33% 0% Regular
Barcelona 6% 38% 50% 6% Malament
Cantabria 0% 88% 12% 0%
Guipúscoa 0% 88% 6% 6%
Madrid 6% 50% 44% 0% Regular
Málaga 0% 40% 53% 7% Malament
Murcia 0% 81% 19% 0% Acceptable
Navarra 0% 63% 31% 6% Regular
Valencia 0% 83% 17% 06% Acceptable
Biscaia 38% 25% 38% 0% Regular
Zaragoza 0% 40% 60% 0% Malament
Total 4% 61% 32% 3% Regular
Notas finais por cidades
Centres escolars de... Moi ben Ben Aceptable Mal Moi mal Nota Final
Murcia 0% 13% 31% 50% 6% Moi mal
Valencia 6% 11% 39% 44% 0% Moi mal
A Coruña 0% 24% 41% 35% 0% Mal
Almería 0% 0% 67% 33% 0% Mal
Barcelona 25% 13% 31% 25% 6% Mal
Málaga 7% 75% 57% 29% 0% Regular
Madrid 25% 25% 31% 19% 0% Aceptable
Guipúscoa 0% 6% 82% 12% 0% Aceptable
Zaragoza 0% 40% 47% 7% 7% Aceptable
Cantabria 0% 6% 82% 12% 0% Aceptable
Navarra 75% 6% 6% 13% 0% Ben
Alava 13% 75% 13% 0% 0% Excelente
Biscaia 50% 25% 25% 0% 0% Excelente
Total 21% 20% 36% 22% 2% Regular

Este cadro só pretende resumir os datos globais do estudo. A mostra de centros escolares (só 201 para 13 provincias) analizada non permite xeneralizacións do tipo "os menús escolares de Murcia son os peores".

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto