Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Menús escolares: Só catro de cada dez centros ofrecen menús escolares nutritivos e equilibrados

Un de cada catro suspende o exame de CONSUMER ó cometer varios dos seis erros dietéticos que os especialistas consideran importantes

Como debe ser un menú escolar

Esta é a principal conclusión que xorde ó comparar os prezos dos menús escolares nas 20 escolas máis caras e nas 20 máis baratas do estudo. Así, mentres que o 85% das escolas máis baratas (prezos inferiores a 2,35 euros diarios) superan o exame (un 15% con só un aceptable de nota media), tan só o 70% dos centros máis caros aproban a análise nutricional. Ademais, a metade das escolas menos económicas (con prezos superiores ós 5,5 euros diarios por menú) que aproban fano cun mediocre aceptable. Mentres que 7 de cada 10 das escolas máis económicas acadan unha nota media entre o ben e o moi ben (pódense catalogar como menús de boa calidade), esta proporción diminúe ata o 35% entre os centros que serven os menús máis caros dos analizados.

Doutra banda, os menús servidos nas escolas públicas son, desde un enfoque nutritivo, lixeiramente mellores cós subministrados nos privados ou concertados. Así, o 81% dos públicos supera o exame, aínda que o 38% o fai cun aceptable. Estas proporcións descenden nos concertados, entre os que aproba o 77% das escolas, o 36% delas cun "aceptable". Para rematar, o 64% dos de titularidade privada aproban, máis da metade deles cun "aceptable".

A variable que avalía os menús en función de quen os elabora ou de onde se preparan proporciona datos interesantes: os menús preparados por empresas subcontratadas polas escolas acadan cualificacións superiores ós cociñados nos propios centros. Así, o 84% dos que teñen subcontratado o servizo de comedor superan a análise, aínda que un 39% o fai cun aceptable. E tan só o 61% dos que elaboran os seus menús nas súas propias instalacións superan o exame, e o 29% faino só cun "aceptable". Para rematar, o 74% dos centros con servizo mixto de comedor (menús preparados por unha empresa subcontratada pero rematados na escola) superan o exame, aínda que o 35% faino cun aceptable.

Verduras e hortalizas

  Valoráronse positivamente os menús que inclúen como mínimo unha vez por semana verduras. E penalizáronse cun suspenso os que non respectan esta frecuencia, o 36% dos centros escolares deste informe. Un de cada dez non servía verdura ningunha das 2 semanas estudadas. A peor valoración lévana os menús analizados en Murcia, Valencia e na Coruña, onde o 63%, o 39% e o 12% das escolas avaliadas, respectivamente, obteñen un suspenso neste apartado por non ofreceren verdura en ningunha das dúas semanas. Só a totalidade dos centros analizados en Biscaia e Navarra cumpren con este criterio. E seguen esta pauta máis do 90% das escolas avaliadas en Álava e o 87% e 88% das escolas de Zaragoza e Guipúscoa.

Legumes

Os expertos recomendan un consumo de catro racións semanais de legumes, dúas como ingrediente do primeiro prato e outras dúas como gornición ou ingrediente de ensaladas. Así e todo, un 14% dos centros escolares non inclúen os legumes como prato principal dos seus menús nalgunha das dúas semanas analizadas. Un dato positivo: o 86% das escolas inclúen legumes polo menos unha vez á semana. Pero o 12% non as serven polo menos un día á semana; e un 6% das escolas estudadas en Zaragoza, Barcelona e na Coruña non incluíron os legumes en ningunha das dúas semanas. Tódalas estudadas en Álava, Biscaia e Almería inclúenas en polo menos unha ocasión en cada unha das dúas semanas de menús.

Peixe

  Os expertos en nutrición aconsellan incluír a inxestión de peixe polo menos catro veces por semana, sumando xantares e ceas. Pero máis dunha de cada catro escolas analizadas non inclúen peixe nos seus menús escolares nunha das dúas semanas analizadas. E o que é máis grave: un 4% das escolas non incluíron o peixe na súa dieta en ningunha das dúas semanas analizadas. Esta situación é especialmente grave nas escolas de Valencia, Zaragoza e Murcia, xa que o 17%, o 13% e o 12%, respectivamente, das mesmas, non inclúen o peixe na súa dieta ningunha das dúas semanas. Outro tanto acontece no 6% das escolas madrileñas. Positivamente destacan os menús analizados nas escolas de Álava, xa que preto do 94% dos mesmos inclúen peixe polo menos nunha ocasión ó longo das dúas semanas analizadas. Nas escolas de Guipúscoa, Navarra e Málaga estas cifras roldan o 87%.

Precociñados e derivados cárnicos graxos

Un 14% das escolas pecan de exceso de precociñados ou derivados cárnicos graxos en polo menos unha das semanas. Tamén o 17% dos de Almería e o 6% dos da Coruña abusan deste tipo de alimentos nas dúas semanas, ó incluílos en máis de dúas ocasións en ambas as dúas semanas. Tampouco é positiva a situación dos colexios estudados en Málaga (un 43% ofrecen en polo menos unha das semanas máis de dous precociñados), de Barcelona (31%) e Cantabria (29%). Positivamente, destacan os centros de Zaragoza e Álava: ningún dos estudados serve nos seus menús máis de dous días de precociñados ou derivados cárnicos graxos en ningunha das 2 semanas.

Froita fresca

  O 92% das escolas estudadas inclúe polo menos dous días froita fresca en cada unha das dúas semanas. Tódolos estudados en Álava, Cantabria, Málaga e Biscaia ofrécena, pero un 17% dos de Almería e un 12% dos da Coruña non inclúen froita fresca polo menos dous días en ningunha das dúas semanas. Esta situación deuse tamén no 6% dos de Murcia e Guipúscoa. Ademais, un 18% dos da Coruña non inclúen dous días de froita fresca nunha das dúas semanas. Outro tanto acontece no 13% dos colexios barceloneses estudados e nun 6% dos de Zaragoza, Madrid, Navarra, Guipúscoa e Valencia.

Doces e bolería

  Bolería, repostería, pastelería e bombóns representan unha tentación para moitas persoas. Aínda que só o 3% dos centros escolares foron penalizados cun suspenso por serviren máis de dúas veces por semana un doce como sobremesa, estes alimentos forman demasiado a miúdo parte do menú de unha a dúas veces por semana. O aconsellable é que os doces se substitúan por froita seca ou por lácteos sinxelos (iogures, calladas ou queixiños). O 6% das escolas avaliadas en Barcelona e na Coruña subministran doces como sobremesa máis de 2 veces por semana nas dúas semanas avaliadas. Ademais, o 12% das escolas coruñesas danlles ós nenos polo menos durante unha das semanas avaliadas un exceso de doces (máis de 2 veces por semana). Esta situación dáse tamén no 7% das estudadas en Zaragoza e no 6% das de Guipúscoa.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto