Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Menús escolares: Só catro de cada dez centros ofrecen menús escolares nutritivos e equilibrados

Un de cada catro suspende o exame de CONSUMER ó cometer varios dos seis erros dietéticos que os especialistas consideran importantes

  Máis de 1,2 millóns de escolares de educación infantil, primaria e secundaria quedarán a xantar no comedor escolar durante o curso 2004-2005 que comeza este mes de setembro. Os novos hábitos familiares e laborais e as distancias entre o fogar e a escola motivaron que estes comedores adquiran protagonismo na saúde e na educación nutricional de nenos e adolescentes. Expertos en alimentación salientan a importancia deste servizo, ó que os nenos españois acoden unha media de 165 días ó ano nos case 10.000 centros escolares que dispoñen deste servizo en todo o país.
Un menú escolar axeitado axuda a controlar a saúde dos máis pequenos e permítelles previr enfermidades que poden aparecer na idade adulta como consecuencia dunha inadecuada alimentación na infancia. Ademais, a época escolar é unha etapa decisiva para a adquisición de coñecementos e hábitos alimenticios, polo que un menú escolar equilibrado constitúe o mellor xeito de introducir os máis pequenos nos hábitos saudables relacionados coa alimentación. Doutra banda, o menú escolar supón entre o 30% e o 35% das necesidades enerxéticas diarias dos máis pequenos, polo que non se pode pasar por alto o seu contido que, o que é moi importante, os pais deberán completar na casa co almorzo e coa cea.

CONSUMER analizou o menú de dúas semanas de 201 escolas con comedores escolares que utilizan un total de 32.330 alumnos. A primeira conclusión do estudo é que o 24% dos menús estudados suspenden o exame e que o 36% obtén unha mediocre nota final de "aceptable", evidenciando un amplo marxe de mellora. Só o 41% dos centros estudados ofrece un menú equilibrado e nutritivo, é dicir, consonte ás recomendacións de médicos, dietistas e pediatras.

Entre as carencias atopadas destaca a ausencia de alimentos imprescindibles na dieta escolar. Así, o 36% das escolas das que se analizaron os menús non serven verdura como prato independente en ningún dos seus menús, o 30% comete o mesmo erro co peixe e o 14% fai o propio cos legumes. Só o 60% dos menús se absteñen de cometer os seis fallos nutricionais máis graves: amais dos tres xa mencionados, non incluír froita fresca polo menos dúas veces por semana (o 8% das escolas cae neste erro), sobremesas doces máis de dúas veces á semana (o 3%) e alimentos precociñados ou frituras máis de dúas veces á semana (un 15% dos centros escolares).

Aínda que unha porcentaxe relativamente alta de escolas consegue aprobar o exame global das dúas semanas, en varios dos seus menús diarios obtiveron un suspenso, o que significa que deben mellorar a calidade dietética e nutricional dos seus menús escolares: son os que mereceron o cualificativo de "aceptable". Noutras palabras, son moitos os centros escolares que deben revisar os menús que ofrecen e axustarse ás recomendacións de frecuencia de consumo dos alimentos, amais de diversificar o modo de preparación dos seus pratos.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto