Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
En pleno século XXI, e nunha sociedade que día a día vai ampliando e derrubando fronteiras, un dos obxectivos prioritarios é a comunicación. Tanto é así que buscar traballo sen dominar polo menos un idioma estranxeiro resulta moi complicado, especialmente nalgúns sectores, e nalgunhas empresas xa é requisito indispensable dominar máis dun. A lingua inglesa, con 800 millóns de falantes, parece destinada a se tornar a lingua franca mundial e non por ser a máis falada -ese honor correspóndelle ó chinés simplificado- senón por ser o idioma máis utilizado no mundo dos negocios, das tecnoloxías (o 80% dos correos electrónicos) e da ciencia (o 45% das publicacións científicas).
Pero, como andamos os españois en materia de idiomas? O panorama segue sen ser prometedor. Segundo datos da Unión Europea, só o 47% dos españois afirma ser capaz de manter unha conversa nun idioma estranxeiro, fronte ó 80% dos habitantes de Dinamarca, Países Baixos ou Suecia. O idioma máis estudado en España é o inglés, que está aprendendo o 36% da poboación, segundo datos do último Eurobarómetro. A moita distancia ségueo o francés, consolidado como a gran minoría cun 19% de estudantes, mentres que no italiano, alemán e portugués a penas se mete un 4% dos alumnos. Os máis dos enquisados manifestan que os obstáculos principais á hora de mellorar a súa preparación son razóns económicas e a falta de tempo e de motivación. Debido a esta actitude fronte ós idiomas, os departamentos de recursos humanos dedican entre un 5% e un 10% do orzamento de formación á ensinanza de idiomas. E a necesidade de reducir este importante gasto provoca que, ó buscar candidatos para cubrir postos de traballo, a igualdade de condicións, as empresas seleccionen a quen máis idiomas fala, e, por suposto, a quen mellor os domina e así o acredita.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI