Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Entregaron uns cartos a conta que non recuperaron ó desistiren da compra

Uns consumidores entregaron a unha inmobiliaria 6.000 euros para a compra dunha vivenda, pero despois desistiron da compra e solicitaron a devolución do entregado. A inmobiliaria negábase a devolver os cartos ó entender que se trataba do sinal (arras) que non recupera o comprador cando se bota atrás nunha operación. Os compradores demandaron a inmobiliaria pero perderon o preito. Di a Audiencia de Barcelona, en sentencia do 27 de novembro de 2003, que hai dous tipos de arras, as confirmatorias e as penitenciais, e que no documento asinado só se dicía "arras". Sen embargo, a Audiencia deduce que as arras eran confirmatorias, é dicir, a conta do prezo. Nese caso o comprador non pode desistir do contrato e reclamar a devolución, senón que está obrigado a cumprir o contrato, agás que exista unha causa que xustifique a resolución do contrato. E considera que non existía causa xustificada dado que as cargas que pesaban sobre o terreo podían ser canceladas antes de outorgarse escritura pública, a superficie do terreo era coñecida polos compradores e o prezo era unha cantidade que non se podía cuestionar en relación á superficie do terreo, é dicir, era un importe xusto.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto