Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Canles de EROSKI CONSUMER
Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha comunidade de propietarios contratou o mantemento e conservación do ascensor por un período de dez anos prorrogables pactándose que, en caso de resolverse o contrato, a comunidade debería indemnizar a empresa cunha cantidade equivalente ó 50% da facturación entre a data da resolución e a finalización do contrato. Once meses despois do vencemento do prazo de dez anos, a comunidade de propietarios comunicoulle á empresa a resolución do contrato con efectos inmediatos. A empresa consideraba que o contrato estaba prorrogado por outros dez anos, e polos nove anos e un mes que restaban de vixencia demandou a comunidade e solicitou unha indemnización de 6.487 euros. Na sentencia do 12 de febreiro de 2004, a Audiencia de Asturias deulle a razón á comunidade, desestimando a reclamación da empresa. Sinala que a duración do servizo e a prórroga por dez anos eran excesivamente longos e impedían á comunidade acollerse a outras mellores ofertas do mercado. Tamén afirma que esta cláusula só beneficiaba a empresa sen que houbese vantaxes para a comunidade en calidade, garantía do servizo ou prezos en relación a outras tarifas de contratos de menor duración temporal.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI
Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios mediante el análisis de sus hábitos de navegación. Si acepta o continua navegando, consideramos que está conforme a su uso. Puede averiguar cómo ajustar la configuración u obtener más información aquí.