Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Cóbranlle un crédito solicitado para aboar unha ortodoncia que nunca se realizou

Concertei cunha clínica dental un tratamento de ortodoncia para a miña filla. Para aboalo ofrecéronme un financiamento de 1.502 euros cunha caixa de aforros, a pagar en 12 meses, e acepteina. Ós tres meses de iniciar o tratamento pecharon por problemas económicos tres das catro clínicas que posuía a empresa. Interromperon o tratamento da miña filla e quedei cos pagamentos do préstamo e un aparato de ortodoncia que xamais lle chegaron a pór. O banco non deixa de cobrarme mensualmente e a clínica non me devolve os cartos. Que fago?

  O primeiro que cómpre facer é comprobar que o financiamento encaixa dentro do concepto de crédito ó consumo, regulado pola Lei de Crédito ó Consumo. Segundo esta lei, a ineficacia do contrato principal determinará tamén a ineficacia do contrato expresamente destinado ó seu financiamento cando concorran os requisitos: primeiro, que para a adquisición do servizo de ortodoncia se concertase o crédito cun empresario distinto da propia clínica; segundo, que entre a caixa e a clínica existise un acordo previo, concertado en exclusiva, para a adquisición do crédito; terceiro, que se obtivese o crédito en aplicación do acordo previo mencionado anteriormente, e cuarto, que o servizo non fose realizado en todo ou en parte, ou non sexa conforme ó pactado no contrato. Unha vez que se confirme o anterior, poderase opor ó pagamento fronte á caixa de aforros, sempre e cando se acredite a reclamación previa contra a clínica.

Como primeiro paso deberalle reclamar á clínica dental o cumprimento do contrato (que realicen o tratamento de ortodoncia) ou a súa resolución, coa devolución dos cartos e, por parte do cliente, do aparato de ortodoncia á clínica. E perdas e danos se de habelos. Realizarase esta reclamación a través dun burofax certificado con xustificante de recibimento ou acudirase a unha Oficina Municipal de Información ó Consumidor. Se non atenden a reclamación, hai que dirixirse -tamén por escrito- á caixa de aforros, reclamando a resolución do contrato de financiamento e a devolución das cotas aboadas. Se non se obtén unha resposta satisfactoria convén acudir a un avogado para lle comunicar á caixa que considera resolto o contrato de financiamento e iniciar accións legais contra a clínica dental e contra a propia caixa.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto