Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.
Inexistencia de zona de descanso, marxinación dos usuarios en cadeiras de rodas e ausencia de recollida selectiva de lixo, principais deficiencias
Este verán, un ano máis, as áreas de servizo das nosas estradas convértense nun elemento fundamental de seguridade e comodidade dos automobilistas, ó dotalos da infraestrutura necesaria para o descanso nas longas viaxes de desprazamento ata o lugar de vacacións e, non menos importante, para desentumecer as pernas, ir ó baño, tomar un refrixerio ou comer. Considérase que cada 200 quilómetros ou dúas horas de traxecto continuado é conveniente parar uns minutos para descansar. Os despistes causados pola fatiga e o sono están detrás de boa parte dos accidentes de tráfico, de aí a importancia de concedernos suficientes períodos de descanso cando conducimos traxectos longos.
Técnicos de CONSUMER visitaron o pasado mes de xuño, facéndose pasar por usuarios, un total de 145 áreas de servizo situadas en varias das estradas españolas máis transitadas este verán. Realizáronse estes oito percorridos: a A-1 e AP-1 no tramo que une Madrid, Burgos, Vitoria e San Sebastián; a A-6 e AP-6 de Madrid ata A Coruña: a A-3 de Madrid a Valencia; o traxecto entre Madrid, Xaén, Granada e Málaga (A-4, A-92, A-44, A-45); o tramo que pasa por San Sebastián, Bilbao, Santander e Oviedo (A-8 e AP-8); o que une Bilbao, Logroño, Zaragoza e Barcelona (AP-68 e AP-2); a AP-7 que cobre Barcelona, Tarragona, Castellón e Valencia e, finalmente, a AP-7 e a A-7 ó seu paso por Valencia, Alacante, Murcia e Almería. En total, fixéronse en coche máis de 7.500 quilómetros, nos que se producirán boa parte dos case 20 millóns de desprazamentos que se realizarán no noso país durante xullo e agosto deste ano.
A investigación analizou a calidade e diversidade dos servizos ofrecidos ó automobilista e ós seus acompañantes nestas áreas de servizo, a seguridade viaria no interior da zona, o estado de mantemento e limpeza das instalacións, os prezos, e a accesibilidade para usuarios diminuídos.
O máis destacable é que o 43% das áreas de servizo analizadas suspenden o exame de CONSUMER, se ben máis da metade delas o fan cun "regular" quedando ás portas do aprobado.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI