Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Certificados de calidade para praias: Praias certificadas

A Bandeira Azul, as normas de calidade ISO 9001 e 14.000, a Q de Calidade do ICTE ou o sistema de xestión EMAS, son mecanismos con que as autoridades públicas contan para comprobar e xestionar a calidade e o bo estado das praias e ofrecer ós seus visitantes uns parámetros en mellora constante ano tras ano.

Cada unha destas normas ten un nivel de esixencia diferente, pero todas tenden a prestixiar en maior ou menor grao o areal que consegue estes títulos, e, por ende, a zona, provincia, comunidade autónoma ou país que en maior medida os obtén. Ademais, configúranse como unha ferramenta de márketing e publicidade para as praias.

  A importancia de acreditar a calidade e a xestión das praias maniféstase no feito de que o territorio español conta con 3.000 puntos catalogados como praia, algunhas das cales reciben máis 30.000 visitantes diarios. Tampouco pode desdeñarse o impacto económico que o aproveitamento da praia supón: con só o 0,001% do territorio, a economía xerada polas praias supón o 10% da renda do noso país. Mellorar e acreditar esa mellora, e a salubridade e o respecto ó medio natural convértense, polo tanto, nun elemento esencial para captar e conservar visitantes.

Bandeira Azul: unha fotografía da situación

O sistema máis coñecido por consumidores, usuarios e turistas é a Bandeira Azul, recoñecemento que supón unha fotografía, unha imaxe estática, da situación dunha praia nun momento determinado tras a inspección por parte dos membros da ONG Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) e que ano tras ano hai que renovar. A concesión da Bandeira Azul non é para toda a vida, xa que se impón unha renovación anual. Sen embargo, a inspección realízase nun momento concreto e non valora as melloras ou o empeoramento dunha praia. Se cumpre os requisitos, entrégaselle a bandeira sen analizar se se produciu un empeoramento desde o ano anterior.

Aínda que nos últimos anos o prestixio deste galardón púxose en cuestión, a entrega da Bandeira Azul segue sendo un acto emblemático nas praias españolas. Este verán, un total de 450 praias e 68 portos recibiron o galardón, que entregan a Fundación Europea de Educación Ambiental (FEEE) e a citada ADEAC, organización española que pertence á Fundación encargada de visitar e analizar os emprazamentos que aspiran a esta distinción.

O consumidor pode recoñecer facilmente a praia con Bandeira Azul: hai un sinal distintivo emprazado na entrada das praias. Ademais, dado o prestixio que outorgou a concesión deste galardón, é un motivo de fachenda para os responsables municipais, que acostuman pregoar o éxito a través dos medios de comunicación.

Para conseguir a Bandeira Azul, as praias deben acreditar uns mínimos en aspectos relacionados coa legalidade, sanidade, limpeza, seguridade, información e xestión do medio natural. Os concellos pasan o exame a principios de verán coa visita de inspectores que investigan tamén as denuncias formuladas polos usuarios.

A concesión da Bandeira Azul realízaa un xurado internacional, sempre que a praia cumpra con 27 criterios relacionados coa calidade da auga, a educación ambiental e información, xerencia ambiental, seguridade e servizos.

Normas ISO 9001 e ISO 14001: a mellora continua

A incorporación das normas ISO 9001 (Xestión da calidade) e 14001 (Xestión do medio natural) á certificación das praias supuxo un avance na mellora continua dos servizos e na situación do litoral. Estas normas acreditan unha constante mellora, xa que as praias, igual que calquera empresa ou entidade, deben renovar a súa certificación ano tras ano mediante a visita anual dos auditores independentes que verifican a mellora de instalacións, calidade de augas e area, servizos, xestión de refugallos etc. Mentres que na Bandeira Azul é unha organización a que toma a iniciativa para a concesión do galardón, nas normas de xestión da calidade e do medio natural son os consistorios os que dan comezo ó proceso e se implican ata o final na obtención do certificado. Os pasos que deben seguir os concellos comezan pola toma de conciencia para obter esas certificacións, e por xestionar con calidade e pór en marcha unha política do medio natural. Para iso, cómpre elaborar un documento que reflicta un compromiso explícito de prevención da contaminación, de mellora continua e do cumprimento da lexislación ambiental de cada territorio.

Posteriormente, débense identificar todas as actividades que se desenvolvan na praia e que poden provocar impactos na natureza (lixo, refugallos dos "chiringuitos", residuos sanitarios, restos de utensilios de praia -plásticos, pelotas, pas etc.- residuos de motos acuáticas -se está permitido o seu uso- etc.).

O seguinte paso é fixar metas para previr a contaminación, conseguir a mellora continua etc. Para desenvolver este proceso, os concellos contan con auditores -de empresas independentes- que axudan tanto na redacción do Sistema de Xestión Ambiental como nos plans de prevención e de identificación dos focos de contaminación. Finalmente, outra empresa, a certificadora, encárgase de determinar se efectivamente se cumpren os requisitos que establecen as normas ISO 9001 e 14001. Os visitantes atoparán, xunto ó panel que informa dos servizos que ofrece a praia (duchas, posta sanitaria etc.), o cuño da empresa que certificou o servizo. Ademais, os concellos que obteñen esas certificacións utilizan estes cuños nas súas políticas de márketing, polo que é fácil descubrir nos folletos informativos e nos medios de comunicación información sobre a obtención da certificación.

Segundo SGS ICS, multinacional certificadora implantada no noso país, "a obtención dun certificado, tanto de calidade de servizo como do medio natural, é só o principio do traballo, xa que é obrigatorio renovalo cada ano, tras a inspección de auditores independentes que avalían non só que se manteñen os niveis que esixe a norma, senón que se mellora de xeito continuado, principal característica dos certificados, fronte a outras distincións que só valoran que se cumpran certos requisitos". As normas de calidade e de medio natural ISO implican, polo tanto, un compromiso cunha mellora continua, acreditada coa renovación do certificado.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto