Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Insecticidas en aerosol e en difusor eléctrico líquido: O máis barato é o que máis dura

Os aerosois acaban cos mosquitos máis rápido cós difusores eléctricos, pero debémonos ausentar uns minutos da habitación en que se empregaron

  Analizáronse catro aerosois que combaten moscas e mosquitos e catro difusores eléctricos só efectivos contra mosquitos. O difusor máis barato é Raid, que sae a 1,3 céntimos de euro cada hora de uso, e o máis caro Kill Paff, a 2,3 céntimos a hora de uso. A mellor relación calidade-prezo é Bloom. Os aerosois saen sobre os 3,4 euros/litro, agás Vete que custa 1,44 euros/litro. Vete é a mellor relación calidade-prezo en aerosol: ó seu baixo custo engade longa duración e efectividade, aínda que precise máis tempo có resto para matar os insectos. Os insecticidas son preparacións formuladas para a exterminación de insectos ou arácnidos molestos ou daniños, como moscas, mosquitos, cascudas, arañas, pulgas ou térmites. Están compostos por substancias que combaten selectivamente certas especies, polo que para conseguir a maior eficacia cómpre elixir un insecticida específico para a especie que se queira eliminar; neste estudo, son moscas e mosquitos.

Hai catro grupos de insecticidas: os organoclorados (coma DDT, lindane e endosulfan) actúan inhibindo a transmisión nerviosa dos insectos. Moitos deles están prohibidos pola súa enorme persistencia (exceden os 50 anos de vida); ademais, os insectos acostúmanse a estas substancias e transfórmanse xeneticamente logo de varias xeracións.

Os organofosforados (diazinon e malation), actúan tamén sobre o sistema nervioso. Os carbamatos limítanse á agricultura e non teñen aplicación no ámbito doméstico.

Crisantemos

Os oito insecticidas analizados utilizan piretroides, substancias artificiais que emulan as segregacións da flor dos crisantemos. A súa función é paralizar os músculos dos insectos e o seu sistema nervioso central, conseguindo a súa caída e morte. A vantaxe destes compostos sintéticos sobre os naturais son claras: os "orixinais" non son estables á luz nin ó aire e a súa acción é efémera. Tanto os naturais coma os sintéticos son practicamente inocuos para os seres de sangue quente, pero resultan moi agresivos cos peixes, polo que non se deben utilizar os insecticidas preto deles.

O contido dos aerosois é de 750 mililitros nos catro casos, pero o seu peso varía notablemente: desde os 460 gramos de Bloom Cruz Verde ata os 570 gramos de Raid. Os catro utilizan unha mestura de tetramina e D-fenotrin como substancias activas. Os nomes que aparecen na etiqueta de Bloom -neopynamin e sumitrin- son sinónimos destas substancias. A tetramina, de efecto moi rápido, encárgase do abatemento (paraliza o insecto e faino caer). O D-fenotrin, que tarda máis en actuar, encárgase de matar o insecto. Raid (con un 0,29%) é o aerosol con maior cantidade de tetrametrina, Bloom e Fogo (ambos, con un 0,23%) ofrecen algo menos, e Vete (con 0,09%) é, con diferenza, o que menos tetramina contén. O D-fenotrin atópase en proporcións similares en todos os aerosois insecticidas analizados.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto