Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Non lle aboaron a indemnización prevista por conducir baixo os efectos do alcohol

Un consumidor adquiriu un vehículo contratando unha garantía total para o suposto de danos. Sufriu un accidente de tráfico por, segundo consideraba o usuario, un fallo no vehículo. En concreto, saíuse da vía nun treito recto e de fácil condución, e fallou tamén o sistema de airbag. Polos danos sufridos e alegando avarías e fallos no sistema de freos traseiros, demandou ó concesionario e ó fabricante, pero o xulgado de primeira instancia desestimou a súa demanda porque, malia a existir indicios de fallos mecánicos previos ó accidente e no airbag, consideraba que o consumidor conducía baixo os efectos do alcohol no momento do accidente. Levado o asunto á Audiencia Provincial, di a sentencia (do 13 de marzo do 2003) que das probas periciais se desprendía que o accidente ocorreu nun treito recto con total visibilidade e pavimento en perfecto estado, o que facía difícil que o condutor tivese que accionar o sistema de freos. Os peritos sinalaron que as posibilidades de que os fallos no sistema de freada provocasen o accidente eran ínfimas. Considera a Audiencia que, ó non probar o consumidor o defecto do vehículo, desestima a reclamación do consumidor e condénao ó pagamento das custas.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto