Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

A saída da viaxe de noivos atrasouse un día

 Varias parellas de acabados de casar contrataron cunha axencia de viaxes a súa lúa de mel en México. O voo de saída atrasouse un día, polo que foron aloxadas esa noite por conta das axencias de viaxes. A volta demorouse un día, por acordo entre ambas as partes en consideración ó atraso inicial. Ó seu regreso os consumidores demandaron ás axencias de viaxes polos incumprimentos contractuais e polo dano moral ocasionado. Atendendo á natureza especial dunha viaxe de noivos solicitaron 10.000 euros por parella. O xulgado entendeu que se indemnizase a cada parella coa contía de 1.500 euros polo incumprimento parcial do contrato, máis outros 600 en concepto de dano moral. Apelaron tanto as axencias de viaxes coma os consumidores, que non quedaron satisfeitos co importe. A Audiencia de Barcelona, en sentencia do 25 de setembro do 2003, considera desproporcionada a indemnización de 10.000 euros por parella. Segundo a Audiencia, a frustración da viaxe foi só parcial, pois ata se prolongou un día a estancia no lugar de destino, e ademais, o prezo pagado pola viaxe combinada era unha media de 2.400 euros, polo que a cantidade de 2.100 euros sinalada polo xulgado de primeira instancia é axustada.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto