Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Non lle entregaron orzamento por escrito nin factura detallada

A Dirección Rexional de Consumo de Asturias impúxolle unha multa a unha empresa de asistencia urxente a domicilio por importe de 300 euros. O motivo foi que non lle entregou ó seu cliente un orzamento por escrito nin a factura detallada tras rematar o servizo. A empresa sancionada recorreu ata chegar ó Tribunal Superior de Xustiza do Principado de Asturias, que confirmou as sancións. Segundo o Tribunal, en sentencia do 29 de maio do 2003, a empresa instalou dous automáticos eléctricos no domicilio do consumidor, todo iso sen facilitarlle un orzamento por escrito para que este o validase. Lembra o Tribunal que a lei esixe o orzamento por escrito -non abonda o verbal- para así garantir o equilibrio nas relacións entre consumidores e empresarios, especialmente cando poden aplicar recargas por traballos urxentes fóra da xornada usual, como acontecía neste caso. Probouse tamén que non se entregou factura. Estes feitos cualifícanse de infraccións administrativas de carácter leve, conforme á Lei dos consumidores e ó Decreto que regula a actividade de prestación de servizos a domicilio, polo que se confirman as sancións impostas.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto