Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Atrasouse o voo por unha forte nevada

Tiven un contratempo no voo de volta de Londres. Pillounos unha gran nevada e o aeroporto pechou e tivemos que pasar a noite tirados polo aeroporto, o trato non foi moi correcto e non tiveron nin o detalle de repartir algo quente. O seguinte voo dispoñible atrasouse dúas horas porque faltaba un membro da tripulación. Esa é a explicación que nos deron. Presentei a reclamación, pero eles acóllense a que causas meteorolóxicas lle impediron ó membro da tripulación ir traballar.

 As compañías aéreas están obrigadas a cumprir o contrato plasmado no billete e as condicións, no tocante a horarios e enlaces, alí sinaladas, de xeito que o incumprimento de horarios na saída dos voos co conseguinte desacougo, angustia e padecemento psíquico do pasaxeiro obriga a compañía a indemnizar o usuario (non á devolución do prezo do billete se a viaxe se realiza aínda que sexa con retardo). E, como vén sinalando a xurisprudencia, é obriga das compañías aéreas atender debidamente ó usuario durante o período de espera.

En caso de forza maior ou caso fortuíto, as compañías aéreas están exentas de responsabilidade polo atraso, entendéndose por forza maior impedimentos alleos ó seu ámbito de control, sucesos non razoablemente previsibles e inevitables (causas meteorolóxicas e catástrofes naturais). E non son casos de forza maior, conforme a xurisprudencia, avarías mecánicas nos avións nin necesariamente a folga do persoal. Neste sentido, o atraso do voo pola forte nevada que obrigou a pechar o aeroporto é un claro suposto de forza maior que exime de responsabilidade á compañía, pero non da obriga de atender ós pasaxeiros debidamente (facilitar chamadas de teléfono a destino, manutención, etc.). Con todo, prodúcese un segundo retardo de dúas horas xa non imputable a causas meteorolóxicas, polo menos directamente, senón ó atraso dun membro da tripulación. Non compartimos o criterio da compañía aérea, xa que non é forza maior a indisposición da tripulación, senón que se produce unha situación de insuficiencia de medios.

Suxerimos presentar unha demanda de xuízo verbal sen avogado nin procurador reclamando unha pequena contía en concepto de dano moral. O mellor é asesorarse nunha Oficina Municipal de Información ó Consumidor ou Asociación de Consumidores.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto