Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

A casa nova presentaba multitude de defectos que a facían inhabitable

Desde o primeiro momento vimos que a nosa casa nova presentaba defectos na pintura, humidades, lousas rabuñadas, a escaleira do ático mal proxectada, etc. Cinco meses despois aínda non conseguimos que rematen de arranxar a casa, xa que aínda faltan moitas cousas. Levamos meses pagando luz e auga, pero non podemos vivir na nosa casa. Podemos pedir unha indemnización?

 De acordo coa Lei de Ordenación da Edificación, os intervenientes na construción (promotor-vendedor, construtor, arquitecto e aparellador) son responsables dos defectos da vivenda e dos desaxustes desta con respecto ó proxecto, planos, memorias de calidades, etc. Esta responsabilidade, de carácter solidario, en tanto non sexa posible individualizar a responsabilidade de cada un deles, obrígaos a reparar os danos, ou a unha indemnización económica. Neste caso, deron o primeiro paso da reclamación e pola vía negociadora alcanzaron un acordo para a reparación dos defectos, que, con todo, non son satisfactorios.

O Código Civil sinala que está obrigado a indemnizar as perdas e danos causados quen no cumprimento das súas obrigas incorra en neglixencia ou morosidade e quen de calquera xeito incumpra as súas obrigas. Cando se fai a entrega dunha vivenda que non está habitable (cuestión que, no caso de ir a xuízo cumpriría acreditar), pódese reclamar unha indemnización por perdas e danos e negociar o seu importe cos responsables, aínda que estimamos que a negociación será difícil.

É importante saber que cando cómpre vivir de alugueiro ata a entrega da vivenda en condicións digas, adóitase reclamar o importe das rendas aboadas polo alugueiro. Tamén se pode reclamar o "valor de uso" (por exemplo, os cartos deixados de percibir ó non poder alugar a vivenda). A Audiencia das Palmas en sentencia de 15/10/01 dixo que a entrega en condicións de inhabitabilidade produce un dano que obriga á súa indemnización. Así e todo, o Tribunal Supremo, en sentencia do 14 de novembro do 2000, sinalou que non é válida a indemnización sobre unhas posibles rendas por alugueiro, xa que o destino da casa só era para viviren os compradores, non para alugala.

O mellor é acudir a un avogado que axude a xestionar esta cuestión e demostrar, se se chega a un xuízo, a condición inhabitable da casa.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto