Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Coa chegada do bo tempo pasamos máis tempo fóra da casa coas nosas mascotas, polo que as probabilidades de sufrir algún contratempo por accidente, picaduras, intoxicación ou mordedelas multiplícanse. Mentres chega a asistencia veterinaria, saber como actuar nunha emerxencia pode salvar a vida da súa mascota.
A calor e os raios solares tamén lles afectan ós animais. Un dos primeiros síntomas do golpe de calor é un bafexo constante. Se lle ocorre isto á súa mascota leve o animal a un lugar fresco e páselle unha esponxa mollada pola cara para refrescalo e facilitarlle a respiración. Se é posible somerxa o animal en auga fría para que non queza.En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI