Saltar o menú de navegación e ir ao contido
A compra dunha vivenda de nova construción non é garantía abonda de que o inmoble cumpra con todos os requisitos pactados entre cliente e construtor/promotor antes da súa adquisición. Demasiado a miúdo o mobiliario e os materiais que se utilizan na súa edificación son de calidade inferior ó estipulado no contrato de escrituras avalado pola empresa promotora, e, no peor dos casos, os defectos pode que aparezan antes de que os novos inquilinos estreen a vivenda. Tampouco as vivendas de segunda man se libran dos defectos de construción pois, como é sabido, poden aparecer anos despois de ser entregadas. A quen lle debemos dirixir as nosas reclamacións nestes casos? Ó promotor, ó construtor? Os especialistas aconsellan que a demanda se interpoña contra todos os axentes que de maneira directa ou indirecta participasen na edificación do inmoble, aínda que, finalmente, se se vai a xuízo, sexa o xuíz quen dictamine o responsable final.
Os dereitos dos novos propietarios e as responsabilidades de promotores e construtores recóllense na reforma da Lei de ordenación da edificación (Lei 38/1999) de 5 de novembro, que entrou en vigor o 6 de maio do 2000. A reforma ten lugar en 1999 e só afecta ás vivendas que teñan licencia de edificación de maio do 2000 ou posterior. Este dato é fundamental, pois váiselle aplicar unha lei ou outra dependendo do ano no que se entregou a licencia de edificación.
Cando a licencia de edificación é posterior a maio do 2000 A reforma da Lei de ordenación da edificación establece unhas responsabilidades concretas e determinadas fronte ós propietarios e adquirentes dos edificios por anos. Pero non especifica por separado quen é o responsable concreto ante as faltas que se enumeran:
A reforma da Lei de ordenación da edificación esixe que promotores e construtores contraten tres seguros que garantan o cumprimento das responsabilidades e as reparacións necesarias segundo o tipo de danos.
A nova normativa inclúe a obrigatoriedade de tramitar e pór á disposición dos donos das casas un novo documento: o "Libro da Edificación". Trátase dun manual de conservación do edificio que se lle entregará a cada propietario e no que se recollerán as obrigas de cada un deles en materia de conservación do inmoble.
Desde maio do 2000 este novo documento é obrigatorio. Preténdese, entre outras cousas, que o Libro do edificio sexa un Manual de conservación do mesmo para os seus propietarios e que recolla as obrigas destes en materia de conservación do inmoble cando deciden sumarse á comunidade de propietarios.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI