Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Ximnasios: Máis da metade suspende o exame

O peor é a atención ó cliente e o asesoramento médico-deportivo. O mellor, o equipamento e o estado das instalacións

Como dar cun bo ximnasio e táboa comparativa

  • Non se inscriba nun ximnasio que quede lonxe da súa casa ou do seu lugar de traballo.
  • Visite as instalacións e compare os prezos antes de elixir un centro ou outro.
  • Considere a amplitude de horarios e se estes se adaptan á súa disposición de tempo libre. Comprobe se abre as fins de semana, se permanece aberto ó mediodía e mais a que hora pecha polas noites.
  • Valore as actividades deportivas que pode desenvolver no ximnasio. Comprobe que o ximnasio ofreza unha variedade de actividades abonda (clases, pistas de squash, escalada, piscina e outras moitas), e mais se ofrece servizos relacionados coa saúde e coa estética (masaxes, sauna, zona de augas, etc.). Outros servizos que cómpre ter en conta: tenda, cafetería, restaurante, alugueiro de toallas e consignas, servizos médicos, etc.
  • Antes de inscribirse, realice unha completa visita de todas as instalacións, comprobe a diversidade e calidade de equipos e máquinas (que se atopen en perfecto estado e que o seu movemento sexa uniforme), de xeito que permitan desenvolver exercicios aeróbicos e de forza.
  • Confirme que existe un número abondo de aparellos, de xeito que non teña que estar sempre agardando debido a que hai poucos aparellos ou demasiados usuarios desexando utilizalos.
  • Comprobe que o ximnasio cumpre con todas as condicións esixibles de limpeza e hixiene. Comprobe que os vestiarios, as zonas de ducha e o resto das instalacións manteñen un estado de máxima limpeza, cunha adecuada iluminación e ventilación.
  • O monitor débelle ensinar como funciona cada aparello e comprobar que entendeu perfectamente o circuíto diario que debe realizar. É moi recomendable que teña a titulación adecuada (licenciado en educación física, título de adestrador deportivo, etc.). Pregunte polas titulacións dos monitores e comprobe que o seu número sexa abondo para o número de usuarios rexistrados no ximnasio.
  • Pregunte en cada centro en que consiste cada actividade das que ofrece. Moitas delas teñen nomes diferentes ás doutros ximnasios, porque non son nomes xenéricos senón marcas rexistradas.
  • Pregunte se lle van facer unha avaliación médico-deportiva: toma de presión arterial, frecuencia cardíaca, proba de esforzo e medicións de altura, peso, masa ósea, magra e graxa. Se o usuario sofre lesións ou patoloxías, cumprirá deseñar os exercicios especificamente para el. Por iso, é conveniente que o ximnasio dispoña de gabinete médico e que se lles realicen exames médicos ós usuarios.

TÁBOA COMPARATIVA

Prezos e tarifas dos ximnasios
Cobran matrícula (según folleto) Carecen de tarifas diferentes en función do horario Obrigan á domici- liación do recibo Impídenlles a entrada ós non socios (entrada pagada) Carecen de descontos (estudantes, xubilados...) Non manteñen as tarifas expostas
Porcentaxe 75% 75% 52% 44% 24% 18%
Valoración Moi mal Moi mal Mal Regular Ben Ben
Atención ó cliente e asesoramento profesional
Non explica que titulación teñen os monitores Non fan exame médico Non dispoñen de seguro médico Non teñen servizos médicos Non se interesan polo estado físico do cliente Permí- tenlles a entrada a nenos menores de 10 anos Atención incorrecta ó cliente Non teñen exposto cartel de follas de reclamacións
Porcentaxe 31% 79% 97% 75% 64% 11% 15% 65%
Valoración Aceptable Moi mal Moi mal Moi mal Mal Moi ben Moi ben Mal
Estado das instalacións (iluminación, hixiene, seguridade e mantemento)
Mala apa-
riencia xeral
Mal estado dos vesti-
arios
Non hai chan antides
lizante nos vesti-
arios
Chan do xim- nasio en mal es- tado Maqui-
naria e equipa-
mento anti-
cuados
Escasa venti- lación Escasa ilumina-
ción
Non hai ilumina-
ción natural
Carecen de extin-
tores sinali-
zados
Non hai saídas de emer-
xencia sinali-
zadas
Obsér-
vanse perigos
Porcen-
taxe
5% 3% 14% 12% 9% 22% 5% 45% 12% 54% 54%
Valora-
ción
Exce-
lente
Exce-
lente
Moi ben Moi ben Moi ben Ben Exce-
lente
Mal Moi ben Mal Exce-
lente
Servizos que ofrecen os ximnasios
Non dispoñen de consignas no vestiario Non dispoñen de auga nas salas Non ofrecen máis de 3 activi- dades Non dispoñen de sauna Non dispoñen de jacuzzi Non dispoñen de baño turco Non dispoñen de servizo de masaxes Non organizan actividades no exterior
Porcentaxe 13% 61% 26% 18% 27% 75% 49% 80%
Valoración Aceptable Moi mal Moi mal Moi mal Mal Moi ben Moi ben Mal
Nota por cidade
Horarios e aspectos relacionados coas tarifas Atención ó cliente e asesoramento Estado das instalacións Servizos ofertados Nota final Relación calidade/ prezo
A Coruña Mal Aceptable Aceptable Mal Regular Regular
Barcelona Aceptable Mal Ben Ben Aceptable Regular
Bilbao Aceptable Aceptable Moi ben Ben Ben Regular
Burgos Regular Regular Aceptable Aceptable Aceptable Regular
Cádiz Moi mal Mal Moi ben Mal Mal Regular
Castellón Aceptable Mal Regular Regular Mal Aceptable
Madrid Ben Mal Moi ben Ben Aceptable Ben
Málaga Aceptable Mal Moi ben Regular Regular Regular
Murcia Moi mal Regular Ben Regular Regular Aceptable
Pamplona Regular Regular Ben Aceptable Aceptable Aceptable
San Sebastián Aceptable Mal Ben Aceptable Regular Aceptable
Valencia Aceptable Mal Ben Regular Regular Regular
Vitoria Aceptable Aceptable Moi ben Moi ben Ben Regular
Total Regular Mal Ben Aceptable Regular Regular

Nota final: Media ponderada das notas das 4 variables (horarios e tarifas + Atención ó cliente + estado instalacións + servizos )
Relación calidade/ prezo: Nota final entre prezo dos ximnasios (mensualidades e matrícula).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto