Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Ximnasios: Máis da metade suspende o exame

O peor é a atención ó cliente e o asesoramento médico-deportivo. O mellor, o equipamento e o estado das instalacións

Os resultados globais

  Os ximnasios teñen que mellorar moito en España se lles queren dar un servizo plenamente satisfactorio ós seus clientes. Proba desta aseveración é que só a terceira parte dos 130 analizados neste informe dan aprobado folgadamente o exame de calidade ó que foron sometidos, que case o 30% o suspenden claramente e que outro 25% tampouco alcanza o aprobado. Se enfocamos o estudo ós resultados obtidos polos ximnasios estudados en cada cidade, obsérvase que o 70% dos ximnasios estudados en Cádiz, Málaga, Murcia e Valencia suspenden o exame, e que o 60% dos visitados na Coruña, Castellón, Pamplona e San Sebastián tamén o fan. Son datos moi elocuentes, se ben no positivo se pode salientar que aprobaron o exame de CONSUMER o 80% dos ximnasios estudados en Bilbao, o 70% dos de Vitoria e o 60% dos de Burgos.

E se falamos das medias acadadas polos ximnasios tomados globalmente en cada cidade, as cidades que mellor paradas saen son Vitoria e Bilbao, porque os seus non suspenden en ningún apartado e son os únicos que obteñen un "ben" de media global de calidade. Séguenos os de Barcelona e Madrid (que fallan en atención ó cliente e asesoramento) e os de Burgos e Pamplona, con carencias en horarios e tarifas e en atención ó cliente e asesoramento; os ximnasios destas catro cidades conseguen, de media, un discreto "aceptable". Os que, tomados globalmente en cada cidade, peor parados saíron do exame foron os de Cádiz (só aproban en estado das instalacións) e Castellón (o único apartado que non suspenden é "horarios e tarifas"), ambas as dúas cidades cun "mal" de media. Pero nas cinco cidades aínda non citadas (A Coruña, Málaga, Murcia, San Sebastián e Valencia), a situación non foi moito mellor, xa que ningunha aproba, quedando nun mediocre "regular".

Para rematar, se tralo exame de calidade se inclúe o factor prezo (tanto da matrícula coma da cota mensual) dos ximnasios, conclúese que os únicos (tomados globalmente, unha vez máis) con boa relación calidade-prezo son os analizados en Madrid, se ben o máis salientable é que os de oito das trece cidades ofrecen unha relación calidade-prezo "regular", non satisfactoria. Só os de Castellón (aínda que suspenden en calidade, son moi baratos), Murcia (outro tanto), Pamplona (aceptable en calidade) e San Sebastián ("regular" en calidade) acadan unha relación calidade-prezo "aceptable".

Como tirarlle o máximo proveito ó seu traballo no ximnasio

  • Busque estímulos para a práctica habitual de exercicio físico. A regularidade é o segredo da forma física, pero non sobrecargue o seu organismo.
  • Reflexione sobre a súa capacidade e condición física para adecuarse á actividade elixida e establecer a intensidade da súa práctica.
  • Déixese asesorar por especialistas, tanto no aspecto deportivo coma no médico. O mellor exercicio é o que combina o traballo cardiovascular ou aeróbico cunha posta a punto muscular.
  • Comece por unha actividade física moderada tres días á semana de xeito alterno. A duración máis recomendable, sobre todo nos primeiros días, é de entre 20 e 30 minutos de exercicio aeróbico.
  • Comece as sesións con exercicios de quecemento para preparar o corpo para un esforzo maior. O quecemento diminúe o risco de lesións.
  • Comece os exercicios de vagar e aumente a velocidade de xeito gradual.
  • Respire de modo controlado. Inspire ó se poñer en tensión e expire ó se relaxar. Non reteña aire nos pulmóns moito tempo.
  • Beba auga antes, durante e despois do exercicio. Evitará a deshidratación e as cambras musculares.
  • Remate a sesión con estiramentos e relaxación. Os exercicios de estiramento estimulan a circulación periférica e axudan a devolver os músculos ó seu estado inicial.
  • As prendas máis axeitadas son as de licra ou algodón. Uns tenis adecuados e unhas luvas (se vai facer pesas) completan o equipo.
  • Usar a sauna unha ou dúas veces por semana axuda a eliminar a sensación de fatiga, relaxa e hidrata a pel, pero quen teña a tensión baixa debe limitar o tempo de exposición.
  • O mellor é combinar actividades que potencien os distintos grupos musculares coas cardiovasculares.
  • Nos aparellos de peso, comece case sen peso, xa que ó comezo cómpre aprender o xesto técnico e manter a postura correcta durante toda a actividade. Ademais, hai que comezar facendo moitas repeticións para gañar en resistencia.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto