Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Ximnasios: Máis da metade suspende o exame

O peor é a atención ó cliente e o asesoramento médico-deportivo. O mellor, o equipamento e o estado das instalacións

En seguridade, algunhas deficiencias

  No eido da seguridade, só o 88% dos ximnasios visitados dispón de extintores á vista dentro das súas instalacións, a maioría ben sinalizados. Na Coruña, Burgos, Castellón e Madrid, o 30% dos ximnasios visitados non contaba con extintores visibles. Doutra banda, só no 46% dos ximnasios se atoparon saídas de emerxencia sinalizadas e libres de elementos que impedisen o seu uso. Destacan negativamente nesta cuestión os estudados en Burgos, Bilbao, Castellón e Pamplona. Para rematar, no 6% dos ximnasios anotouse a existencia dalgunha situación que podía pór en risco a integridade física dos clientes: zonas en obras ou reformas sen sinalizar, espacios con desorde excesiva ou deficiente iluminación, escaleiras con demasiada pendente, equipos ou máquinas moi xuntos que fan difícil pasar entre eles, etc. Atopáronse situacións potencialmente perigosas en dous de cada dez ximnasios visitados en Barcelona e Burgos e nun de cada dez da Coruña, Bilbao, Pamplona e Valencia.

Prezos e tarifas

As tarifas dos ximnasios dependen en boa medida das súas características e da variedade de servizos que ofrecen, pero tamén inflúe a cidade na que se localizan. O custo medio da matriculación nos ximnasios que, amais de salas de musculación, fitness e actividades deportivas, dispoñen de zona de augas (piscina, sauna, jacuzzi, pediluvio, termas, ducha vichy, ducha escocesa, tratamentos de hidroterapia), e que representan o 23% dos analizados, foi de case 88 euros, fronte ós 42 euros de matrícula en ximnasios sen zona de augas.

Pero, a fin de contas, a matrícula, aínda que doa pagala, abóase unha soa vez, e o que máis importa é a cota mensual. O custo medio da mensualidade nos ximnasios con zonas de augas é de 59 euros ó mes, se ben hai cidades como Cádiz (30 euros de media), Murcia e Valencia (preto dos 40 euros) nas que son moito máis baratas. Os máis caros atopáronse en Madrid (79 euros de media, e 65,5 euros o ximnasio máis barato), San Sebastián (75 euros de media e 70 euros o máis barato) e Bilbao (74,5 euros ó mes de media). As maiores diferenzas de cota déronse en Madrid (42 euros) e Barcelona (38 euros).

E o custo medio da cota nos ximnasios sen zona de augas (é dicir, nos máis) foi de 43 euros ó mes. Os máis caros víronse en Pamplona (54 euros de media ó mes), Bilbao, San Sebastián, Murcia, Vitoria e Madrid, todos eles arredor dos 50 euros ó mes de media. E os máis baratos, en Cádiz (só 30 euros de media), A Coruña (case 34 euros) e Málaga (35,5 euros). O ximnasio coa cota máis onerosa atopouse en Madrid (107 euros ó mes, con zona de augas), se ben un de Bilbao (89 euros, sen zona de augas) e outros dous de San Sebastián (79,5 euros, un con zona de augas e outro sen ela) e outro de Bilbao (74,5 euros ó mes, con zona de augas) poden considerarse tamén moi caros. E o máis barato atópase en San Sebastián (14 euros ó mes), aínda que en Cádiz e Málaga hai ximnasios con mensualidades inferiores ós 25 euros. As cidades nas que máis paga a pena comparar as cotas mensuais que esixen os ximnasios son San Sebastián e Bilbao, porque alí é onde se rexistran as maiores diferenzas entre os ximnasios (65 e 67 euros ó mes, respectivamente, entre os máis caros e os máis baratos).

No tocante á relación calidade-prezo, cómpre sinalar que en función das notas obtidas polos 20 ximnasios máis caros e os 20 máis baratos, si se atoparon diferenzas. Así, os 20 ximnasios máis caros dos 130 analizados obteñen unha nota media de "ben" (6,2), mentres que os 20 máis baratos obteñen un exiguo 3,6 ("mal") como nota media. Xa que logo, pódese afirmar que si que existe unha nidia relación entre calidade e prezo dos ximnasios.

Así e todo, cómpre sinalar unha serie de salvedades: entre os 20 ximnasios máis baratos hai un ximnasio que obtén un 7,3 como nota media das 4 variables analizadas. É dicir, trátase dun ximnasio cunha moi atraente relación calidade/prezo, situado en Cádiz. Pola contra, tan só outros 3 ximnasios situados entre os 20 máis baratos conseguen aprobar a análise (nos 3 casos a súa nota sitúase arredor do 5). No tocante ós 20 ximnasios máis caros, cómpre salientar que hai 5 ximnasios que non chegan ó aprobado, é dicir, a súa relación calidade-prezo é moi mala (son caros e non aproban o conxunto das 4 variables analizadas). Non obstante, 3 dos 20 ximnasios analizados acadan unha cualificación de "excelente" (é dicir, malia que están entre os máis caros, a súa relación calidade-prezo é óptima).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto