Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Ximnasios: Máis da metade suspende o exame

O peor é a atención ó cliente e o asesoramento médico-deportivo. O mellor, o equipamento e o estado das instalacións

  Máis de cinco millóns de españois acoden decote a un ximnasio e fano, segundo indican as enquisas, coa intención de mellorar a súa imaxe, o seu estado de saúde e a súa calidade de vida. Ó mesmo tempo, cada vez son máis numerosos os ximnasios que en poucos anos evolucionaron desde aqueles pequenos e austeros locais nos que se realizaban prácticas deportivas básicas (musculación, aeróbic, bici estática...) ata os actuais establecementos multiservizo, onde, amais da oferta de sempre, complementada con novas actividades e disciplinas deportivas, se desprega ante os usuarios todo un abano de posibilidades (sauna, jacuzzi, termas, salón de peiteado, masaxes, estética, solarios), máis vinculadas á imaxe e ó sentirse ben ca ó propio deporte.

É difícil atopar un gimnasio barato de boa calidade

CONSUMER estudou a calidade do servizo que ofrecen estes establecementos deportivos, que cobran, amais dunha matrícula de inscrición, unha cota mensual de arredor de 60 euros de media se teñen zona de augas -jacuzzi, sauna, baño turco, piscina, augas termais- e duns 42 euros se carecen dela. O pasado mes de maio os técnicos desta revista visitaron (facéndose pasar por clientes) 130 ximnasios situados en Madrid, Barcelona, Valencia, Bilbao, Málaga, A Coruña, San Sebastián, Vitoria, Pamplona, Cádiz, Castellón, Burgos e Murcia.

Moitos suspenden o exame

A primeira conclusión da investigación é que máis da metade dos ximnasios suspenden o exame de CONSUMER, que se dividía en catro apartados. Só o estado e equipamento das instalacións obtén un ben de media (aínda que suspende case o 30% dos ximnasios visitados), mentres que a diversidade de servizos que se ofrecen no centro acada de media un aprobado sen máis, aínda que suspende a metade dos ximnasios estudados. O peor, cun claro suspenso de media, é a atención ó cliente e o asesoramento médico-deportivo. Dous de cada tres ximnasios non aproban este amplo bloque. Só o 3% ofrece seguros médicos (a lei só os obriga a teren seguro de responsabilidade civil), oito de cada dez non lle fan un exame médico previo ó novo cliente, tres de cada catro non dispoñen de servizos médicos e dous de cada tres nin sequera lle preguntan ó cliente polo seu estado físico. E todo iso malia que cando se inician na práctica dalgún deporte, os que sofren lesións físicas, padecen enfermidade coronaria, teñen o colesterol alto ou presentan antecedentes familiares de cardiopatía, e todos os máis vellos de 40 anos que sexan obesos, sedentarios, hipertensos ou fumadores, non só deben estar ben asesorados cando fan os seus exercicios, senón que convén que se lles realice unha avaliación médico-deportiva e de esforzo, para evitarlles posibles problemas de saúde, que ata poderían chegar a ser moi graves. Pero iso non é todo: case sete de cada dez ximnasios non informan de que dispoñen de follas de reclamacións, só a metade contan con monitores convenientemente titulados para o exercicio da súa profesión e tres de cada dez néganse a explicarlle ó cliente a titulación específica do persoal do ximnasio que se vai encargar da súa posta en forma.

O seguinte apartado onde máis fallaron os ximnasios foi o que se refire ós horarios e aspectos relacionados coas tarifas. Se temos en conta que un ximnasio supón un importante desembolso mensual, parece excesivo que tres de cada catro centros establezan o pagamento dunha matrícula que supón de media 42 euros en ximnasios sen zona de augas e máis do dobre nos que dispoñen delas. Ademais, tres de cada catro non ofrecían tarifas reducidas para usuarios que acoden só en determinados días ou franxas horarias (por exemplo, só polas mañás ou só os días festivos).

E son máis da metade os ximnasios que obrigan os usuarios a domiciliaren o pagamento das cotas mensuais. Para rematar con este apartado, o 44% dos ximnasios estudados non lles permite a entrada a usuarios non matriculados e un de cada catro, ademais, non ofrece descontos de ningún tipo (familias, terceira idade, estudantes, por uso de moitas actividades ou instalacións, etc.). Todo iso fala da escasa flexibilidade organizativa dos máis dos ximnasios e da ínfima adaptación ás necesidades prácticas e circunstancias especiais dos usuarios. Un dato positivo: só o 18% dos ximnasios non expoñen as súas tarifas ó público. Outro, o dos horarios, que están ben pensados na maioría dos casos: só dous de cada dez pechan ó mediodía, unicamente o 15% non abre os sábados e só o 12% mantén as súas instalacións pechadas en agosto. Pero tamén nos horarios hai unha deficiencia importante: máis de sete de cada dez ximnasios non abren os domingos, un día perfecto para visitar estes centros e facer un pouco de deporte.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto