Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Acollemento temporal de menores: Unha medida de transición

Consiste en proporcionarlles acollida temporal ós menores que non poden convivir coa súa familia

  Entre 8.000 e 10.000 nenos e adolescentes entran cada ano en acollemento transitorio residencial ou familiar en España. Esta modalidade de tutela infantil é un mecanismo de protección social que ten como finalidade proporcionarlles amparo temporal en pisos, centros institucionais ou en familias ós menores que, por diversas razóns, non poden convivir coa súa propia. O obxectivo é que o neno ou a nena se integren e participen de cheo na vida da familia de acollida, ou que fagan unha vida o máis normal posible cando viven en residencias tuteladas. Esta figura de axuda ós nenos é un tránsito cara a medidas de protección definitivas, como volver á familia de orixe ou acceder a outra familia en adopción, se ben, como contempla a Lei de protección xurídica do menor 1/1996, as medidas de acollemento transitorio pódense enfocar cunha perspectiva a medio ou longo prazo. Isto significa que un menor pode permanecer en acollemento transitorio durante meses ou anos. Segundo o Instituto de Benestar Social de Aragón, que recompilou datos de diversas institucións españolas, no 70-75% dos casos a medida protectora de acollemento transitorio é de tipo residencial (centros de acollida, pisos tutelados, fogares funcionais, minirresidencias) e no 25-30% é de tipo familiar (preadoptivo ou non preadoptivo). As principais razóns que levan ó acollemento transitorio dun menor son, no 65-70% dos casos, a existencia de malos tratos, neglixencias ou abandono por parte da súa familia; os comportamentos disruptivos ou conductas infractoras, especialmente en adolescentes, supoñen o 15-20%; e a incapacidade ou imposibilidade permanente ou temporal para o seu coidado por parte da familia o 10-15%. No tocante ás características socio-familiares dos menores que entran en acollemento transitorio, entre o 50 e o 60% proceden de familias denominadas "de risco social"; entre o 25 e o 30%, de familias con problemática de drogodependencia e/ou alcoholismo; preto do 15% vén de familias con problemática de saúde mental, e arredor do 40%, de familias multiproblemáticas que combinan dúas ou máis das problemáticas devanditas.

Que é acollemento de menores?

O acollemento é unha figura pola que familias e persoas se fan cargo de xeito temporal da crianza e educación de nenos en situacións de desamparo ata que as súas familias biolóxicas, coas que seguen mantendo encontros, poidan asumir ese labor. O acollemento non rompe os vínculos coa familia biolóxica e non supón un paso previo para a adopción. Trátase de coidar dun menor durante o tempo en que a súa familia, por diversas cuestións "económicas, legais, saúde, etc." non pode facerse cargo del.

Cantos tipos de acollemento hai?

En función de quen se fai cargo do coidado do menor e da duración do acollemento, este pode ser simple se non supera os dous anos. Dentro desta modalidade distínguese entre o acollemento por familia extensa e o acollemento en familia allea, dependendo de se existe vínculo familiar entre o menor e os acolledores. Ten prioridade o primeiro porque evita a separación do menor do seu medio familiar. Outro tipo de acollemento é o permanente, que pode durar anos, mesmo ata que o neno acade a maioría de idade. Esta situación prodúcese cando o regreso cos pais biolóxicos se complica (problemas por adiccións, psicolóxicos, condenas longas en prisión, etc.). O acollemento residencial fai referencia á situación dos menores cando viven en pisos e centros institucionais. Outros tipos de acollemento son o administrativo (cando está supervisado pola administración por exemplo, cando os pais van traballar ó estranxeiro durante un período determinado) e o acollemento de fins de semana e vacacións, onde a familia recibe o nome de familia colaboradora. Este tipo de acollemento é o que se produce ano tras ano coa chegada de nenos procedentes do Sáhara e de cidades como Chernobil. O acollemento especializado, para rematar, ofrece un ambiente familiar a nenos con necesidades específicas de educación ou con certas particularidades que requiren unha atención máis especializada (discapacidades físicas, psíquicas, sensoriais, trastornos de comportamento, enfermos crónicos, etc.).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto