Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Colgadoiros par WC, líquidos e en pastillas: Compensan os máis caros: duran moito máis

Todos eliminan o cal, ningún abrillanta, só algúns limpan ben e dous nin sequera perfuman

  Analizáronse seis colgadoiros para WC, catro a xeito de xel e dous a xeito de pastilla, que custan desde os 0,2 céntimos de euros por cada uso de Pato Activo (en pastilla), ata os 0,8 céntimos de WC Net (líquido). A conclusión máis salientable é que, ó ser a duración das mostras tan distinta, o prezo real destes produtos dista moito do aparente: os dous colgadoiros aparentemente máis caros (Harpic pastilla, 45,85 euros/quilo e Pato pastilla, 38,21 euros/quilo) son en realidade os máis económicos (0,003 euros por uso e 0,002 euros por uso, respectivamente). Da mesma maneira, dous dos máis baratos (WC Net, 33,33 euros/litro e Harpic líquido, 32,12 euros/litro) son os máis caros (0,008 euros por uso e 0,007 euros por uso, respectivamente). A mellor relación calidade-prezo é Harpic en pastilla, pola súa calidade moi satisfactoria e por ser o segundo máis barato. Ambipur líquido resulta outra boa opción: é tamén un dos máis baratos e ofrece unha calidade satisfactoria.

Os colgadoiros de WC diminúen a acumulación de lixo, eliminan o cal, proporcionan un agradable aroma e, nalgúns casos, desinfectan e colorean a auga do vaso. A súa función é dosificar de xeito automático unha substancia limpadora cada vez que se tira da cisterna. O ingrediente principal da súa formulación son os tensioactivos (aniónicos), encargados de formar a escuma e de impedir que se formen as manchas e de que se acumule o cal. Para acabar co cal xa acumulado utilízanse os fosfonatos e o citrato de sodio. A fórmula complétase con aromas e conservantes.

Formatos diversos

Os catro colgadoiros líquidos son verdes, e ofrecen 55 mililitros de produto, salvo Ambipur, que só dá 50 mililitros. No tocante ós dous sólidos, ambos os dous son de 40 gramos e difiren na cor e forma: a pastilla de Pato é verde e Harpic inclúe unha pastilla branca e un xel morado perfumado. Ambipur é o único que non dosifica o produto en función do número de descargas de cisterna, senón que ofrece un fluxo constante de produto, polo que a súa duración é independente da necesidade real.

En todas as probas que se realizaron procurouse reproducir o emprego habitual que lle daría a un produto desta natureza unha familia de catro membros, o que supón 17 descargas diarias repartidas de xeito aleatorio. Os inodoros utilizados tamén son dun modelo moi común. Para asegurar que os colgadoiros funcionasen de modo óptimo, colocáronse no seu lugar idóneo: no bordo do inodoro, na proximidade da chegada da auga.

A cantidade e calidade de escuma están directamente relacionadas coa capacidade de limpeza destes produtos. Os colgadoiros de Harpic (líquido e pastilla) son os mellores neste apartado: a súa escuma é a máis voluminosa, cobre todo o fondo do inodoro e é estable ata cinco minutos despois da súa formación. Ambipur é o peor e non pasa do "correcto", pola pouca estabilidade e volume da súa escuma.

Cuestión de aromas

Tan importante coma a acción limpadora dos colgadoiros é a súa capacidade para eliminar ou enmascarar o mal cheiro. Para medir este parámetro, colócanse os colgadoiros en inodoros pechados en cabinas herméticas de 2 m3, ás que se accede a través dunha porta corredoira que permite cheirar o interior. Tras un ciclo de 34 descargas durante dous días, vinte persoas cualificadas puntuaron só a intensidade do cheiro, non a súa preferencia por unha ou outra fragrancia. Pato líquido é o máis oloroso (moi satisfactorio) seguido dos dous Harpic (satisfactorios). Os expertos case non detectaron cheiro nos cubículos onde se utilizaba WC Net líquido e Pato pastilla, polo que ambas as mostras suspenderon esta proba.

O nivel de brillo acadado e o poder anticalcario medíronse realizando 200 descargas de cisterna nun inodoro que tiña no seu interior tres azulexos de cerámica: un a cada lado do colgadoiro e outro no fondo do vaso. Posteriormente, comparáronse estes azulexos con outros situados nun inodoro que servía como referencia e que non tiña colgadoiro. Ningunha mostra superou o test de brillo, pois en todos os casos se perdeu parte do brillo inicial. Ambipur, Harpic e WC Net líquidos e Pato pastilla foron os que, sen pasar do 'correcto', deixaron os azulexos menos 'apagados'. Pola contra, todos ofrecen un significativo efecto antical se se comparan cos azulexos nos que non se verteu ningún produto. Os máis eficaces son Harpic e Ambipur líquidos.

A importancia da duración

Para medir a duración de cada produto someteuse a unha proba de 17 descargas de cisterna diarias repartidas en intervalos irregulares (é dicir, a media para unha familia de catro membros) ata que se esgote o seu contido. O ensaio repítese, polo menos, dúas veces para evitar desviacións puntuais nos resultados. Pato en pastillas é o que máis dura, con 641 descargas (38 días), un dato moi superior ás 450 descargas que indica a súa etiqueta. Harpic líquido (252 descargas) e WC Net líquido (221 descargas) son, con moito, os que menos duran. O caso de Harpic líquido é aínda máis grave porque non só falla nesta proba pola súa moi menor duración, senón que na súa etiqueta afirma durar o dobre do que realmente dura.

Á hora de definir a calidade global de cada mostra, non se tomaron en conta todos os elementos por igual, senón que se lles outorgou maior importancia á cantidade e persistencia da escuma (30% da nota final) e á intensidade de cheiro do produto (outro 30% da nota). Tamén se considerou esencial a duración do produto (o 25% da nota final), mentres que tanto a proba de brillo (10% da nota final) coma o efecto antical (outro 10%) tiveron unha presencia máis discreta na ponderación.

Os colgadoiros de maior calidade segundo este baremo son Harpic pastilla e Pato líquido, ambos "moi ben". O punto débil en ambas as mostras é o escaso poder abrillantador, pero as dúas destacan pola escuma formada e pola duración de uso no caso de Harpic e pola intensidade da fragrancia de Pato líquido. Pato pastilla e Harpic e Ambipur líquidos acadan o "ben", mentres que WC Net non pasa do "aceptable", polo seu cheiro a penas perceptible e por ser o que menos dura dos seis colgadoiros.

Os seis colgadoiros para WC demostráronse eficaces á hora de evitar a sedimentación de cal. Este parámetro é especialmente importante en lugares onde a auga é demasiado dura (con maior proporción de cal), xa que o cal é un dos maiores inimigos das billas e dos diferentes aparellos que integran os cuartos de baño. Non só é difícil eliminala completamente e acadar que as superficies volvan ter o seu aspecto orixinal, senón que pode provocar obstrucións, co conseguinte prexuízo económico.

Se o cal se depositou no exterior das billas, pódese eliminar envolvendo toda a noite as áreas que se queren limpar con papel hixiénico ou con vendas empapadas en esencia de vinagre. Ó día seguinte, abondará con aclarar con abundante auga. Se o cal xa provocou unha obstrución, cómpre desmontar a instalación, colocar a zona calcificada a remollo cunha mestura de auga forte e auga normal que se debe deixar actuar durante dúas ou tres horas. É moi importante aclarar ben para evitar que quede ningún resto de auga forte. Se o problema de cal é grave, pódese optar por instalar un filtro na entrada de auga da vivenda que eliminará o problema de raíz.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto