Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

^

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Olivas recheas de anchoas: Calidade inferior á permitida pola norma

As oito mostras superan os defectos de calidade que permite a norma, pero na cata os consumidores practicamente non tiveron en conta eses defectos

Unha por unha, 8 mostras de olivas con anchoa

El Serpis "Olivas manzanilla recheas de anchoa"

  •   Saen a 4,96 euros o quilo.
  • A mellor relación calidade-prezo.
  • Incumpre a norma de etiquetaxe. Porcentaxe de defectos de calidade lixeiramente superior á permitida para a Categoría Extra que indica a súa etiqueta.
  • Categoría real: Primeira. As de menos sal (1,9%). Recheo: anchoa Engraulis ringens (orixe chilena ou peruana).
  • Na cata, 6,6 puntos: recibe gabanzas polo seu sabor "rico", por "zumarentas", "nin duras nin brandas", polo seu tamaño e polo "sabor que deixa". Son criticadas polo seu "pouco sabor a anchoa" e por "salgadas" e "sabor forte".

Ybarra "Olivas recheas de anchoa"

  •   Saen a 4,57 euros o quilo.
  • Incumpre a norma de etiquetaxe. Malia a indicar categoría Extra, supera a porcentaxe de defectos admitida mesmo para a categoría Segunda. Recheo: mestura de varias especies de anchoa.
  • Na cata, as mellores: 6,9 puntos: Eloxiadas por "sabor a anchoa", "tamaño" e polo "sabor que deixan". Reciben algunhas críticas por "brandas".

Olivax "Olivas recheas de anchoa"

  •   Saen a 3,18 euros o quilo, as segundas máis baratas.
  • Incumpre a norma de etiquetaxe. A maior porcentaxe global de defectos de calidade: di ser Categoría Primeira, pero non é nin sequera Segunda. Recheo: mestura de varias especies de anchoa.
  • Na cata, 5,9 puntos: loadas polo seu "sabor", critícanse por "pouco sabor a anchoa", "salgadas", "brandas" e "cor escura".

El Torreón "Olivas recheas de anchoa"

  •   Saen a 5,27 euros o quilo, son as máis caras.
  • Incumpre a norma de etiquetaxe. Porcentaxe de defectos de calidade superior á permitida para a categoría Primeira que anuncia.
  • Categoría real: Segunda. As únicas que utilizan exclusivamente anchoas Engraulis encrasicolus (propias, entre outras zonas, do mar Cantábrico).
  • Na cata, 6,4 puntos: elóxiase o seu "sabor a anchoa" e critícase que sexan "pequenas".

Carbonell "Olivas recheas de anchoa do Cantábrico"

  •   Saen a 4,77 euros o quilo.
  • Incumpre a norma de etiquetaxe. Di ser Categoría Extra pero, polos seus defectos de calidade, non é nin sequera Segunda.
  • O recheo non é 100% anchoa Engraulis encrasicolus (especie do mar Cantábrico), malia a que na súa etiqueta indica "recheas de anchoa do Cantábrico". Podería deberse a unha mestura accidental no proceso de elaboración da pasta.
  • Na cata, 6,8 puntos, as segundas melloras: eloxiadas por "sabor a anchoa", "tamaño" e "sabor que deixan". Reciben algunhas críticas por "brandas".

La Española "Olivas recheas de anchoa"

  •   Saen a 5,12 euros o quilo, as segundas máis caras.
  • Non corresponde á Categoría Extra anunciada, e supera a porcentaxe de defectos permitida para Segunda, a menor categoría comercial. As de máis sal (3,9%). Recheo: unha mestura de varias especies de anchoa.
  • Na cata, 6 puntos: eloxiadas polo seu sabor e tamaño, critícanse polo seu "pouco sabor a anchoa", por "salgadas", por "cor escura" e, en menor medida, por "brandas".

Maestranza "Olivas recheas de anchoa"

  •   Saen a 4,46 euros o quilo.
  • Incumpre a norma de etiquetaxe. Porcentaxe de defectos superior á permitida para a categoría Extra que indica.
  • Categoría real: Segunda.
  • Recheo: mestura de varias especies de anchoa.
  • Na cata, 5,2 puntos: Criticadas por "pouco sabor a anchoa", por ser "pequenas" e, xa en menor medida, por "duras".

Como "Olivas recheas de anchoa"

  •   Saen a 2,54 euros o quilo, as máis baratas.
  • Supera a porcentaxe de defectos permitida para a Categoría Segunda anunciada, que é a mínima. Recheo: mestura de varias especies de anchoa. Na cata, as peores: 4,8 puntos.
  • Criticadas por "pouco sabor a anchoa", por "pequenas" e, en menor medida, por "duras".

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto