Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
En 1993 unha muller deu á luz un neno que presentou ó nacer importantes malformacións e anomalías físicas. Esas deficiencias anatómicas, de carácter xenético, non foron detectadas durante o embarazo e, por conseguinte, non se lles proporcionou ós proxenitores información ningunha ó respecto. Os pais do neno demandaron ós médicos que os asistiron, ó hospital e ó Institut Català de la Salut e solicitaron unha indemnización de 901.518 euros. Alegaban que durante o embarazo foran informados da normalidade anatómica do feto tralas ecografías practicadas. Así o entende o Tribunal Supremo que, en sentencia do 18 de decembro do 2003, dita que existiu unha actuación sanitaria deficiente ó non se detectaren unhas anomalías dun feto. Segundo o Supremo, resulta inverosímil visualizar ecograficamente a normalidade anatómica dun feto cando as anomalías físicas eran evidentes: faltáballe un ril, parte da pelve e unha perna. Por iso condena os médicos a indemnizar con 360.607 euros, indicando que do pagamento deberán responder solidariamente as tres entidades demandadas.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI