Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Creu que o depósito financeiro contratado non tiña grandes riscos

Un consumidor asinou cunha entidade bancaria un contrato de depósito financeiro que lle fixo perder boa parte do seu investimento. Consideraba o usuario que o contrato non advertía de riscos dese calibre e que a operación concertada, tal e como se desprendía do contrato, era un depósito financeiro e non unha operación de alto risco. Por iso demandou ó banco, solicitando a devolución dos 6000 euros depositados, máis xuros legais e a declaración de nulidade do contrato. E gañou o xuízo. Resultou que o contrato de depósito financeiro era diferente do contrato tipo depositado pola entidade financeira ante a Comisión Nacional do Mercado de Valores. No contrato non constaba a advertencia de que se trataba dun produto de alto risco; tampouco de que podería mesmo perderse todo o investimento; e a redacción xeral era confusa. Ademais, a entidade bancaria non lle facilitou ó cliente o folleto informativo, malia a estar obrigada a iso. Engade a Audiencia de Soria, en sentencia do 12 de febreiro do 2004, que no contrato de depósito desde que un recibe a cousa allea ten a obriga de gardala e restituíla, por iso se sorprende de que un "contrato de apertura de depósito financeiro" poida comportar a perda total da cantidade depositada.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto