Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Unha sobretensión eléctrica estragou diversos aparellos domésticos

A consecuencia dunha forte variación da voltaxe da subministración eléctrica, os electrodomésticos dun consumidor sufriron notables danos. Contactou cun técnico reparador, quen o informou de que os danos eran os típicos dunha sobretensión, de xeito que presentou demanda contra a compañía eléctrica, reclamándolle 3137 euros. A Audiencia de Barcelona dálle a razón baseándose na Lei de Defensa dos Consumidores e Usuarios. Considera a Audiencia, en sentencia do 11 de novembro de 2003, que as perdas e danos e a súa causa quedaron acreditados no xuízo polo informe do perito achegado polo consumidor, informe que sinalaba como causa dos danos a sobretensión. E que para eximirse de responsabilidade a empresa eléctrica debería probar que esgotou todas as precaucións e dilixencias esixibles para evitar o dano. A falta desta proba facíaa responsable. Doutra banda, a compañía alegou que non era aplicable ó caso a Lei de Consumidores, senón a Lei de Responsabilidade do Fabricante por produtos defectuosos. Responde a Audiencia que neste caso o defectuoso non era o produto, senón o servizo ou subministración, motivo polo que considera aplicable ó caso a Lei de defensa dos consumidores e usuarios.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto