Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

A compañía de seguros finaliza a prestación dun autónomo antes da alta médica

Son autónomo e teño contratado un seguro de baixa por enfermidade que me cobre a partir do sétimo día de baixa. Recentemente sufrín un esvaecemento con perda de coñecemento e como consecuencia da caída abrín unha fenda na cella. O meu médico de cabeceira encargou a realización de diversas análises e envioume ó neurólogo, que logo de varias probas me diagnosticou un tipo leve de epilepsia. Volvín ó médico de cabeceira e este, en vista dalgúns datos contraditorios, volveu solicitar outras análises. Cando lle reclamei a prestación á compañía de seguros, esta comezou a poñer diversas tachas. Finalmente accede a pagar a prestación, pero só ata o día en que o neurólogo emitiu o seu diagnóstico, é dicir, sen agardar polos resultados das análises encargadas polo médico de cabeceira nin agardar a que este me dea a alta.

 En primeiro lugar, cómpre ler detidamente as condicións da póliza contratada e os termos en que se redacta a condición xeral relativa ó período durante o que se teña dereito a percibir a indemnización por baixa ou incapacidade temporal. Se estas condicións do seguro sinalan que o momento de cesamento da indemnización é, expresamente, a data da alta médica, a iso se debería ater a aseguradora en cumprimento dos termos do contrato. Pero as condicións xerais poden estar redactadas noutros termos e poden establecer que a prestación cese cando o asegurado poida retomar ou retome a súa actividade laboral. É dicir, aínda que o asegurado non dispuxese da alta médica, o dereito ó subsidio ou indemnización diaria por enfermidade ou accidente acabaría cando el reiniciase ou puidese volver á actividade profesional. Esta condición xeral non é necesariamente lesiva para o asegurado: se o obxecto do contrato de seguro é indemnizar o asegurado cunha suma diaria durante o período en que non pode desenvolver a súa actividade profesional, resultaría coherente que remate esa obriga cando poida retomar o seu traballo. Se fose este o caso, cesaría a obriga de aboar a indemnización diaria a partir da data probada de incorporación.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto