Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Responsabilidade do comercio polo mal traballo dun gremio subcontratado

Os meus sogros acudiron a un comercio para a reforma total dun cuarto de baño. A obra incluía o cambio de azulexos, a instalación dun prato de ducha con mampara e de halóxenos no teito. O fontaneiro enviado pola tenda cambiou os azulexos e instalou o prato de ducha. Pero o encargado de colocar a mampara afirma que o prato de ducha non está ben posto e que agora é imposible pór unha mampara. A responsable da tenda desenténdese e responde que a culpa non é súa. Que poden facer agora?

 Os clientes encargáronlle ó establecemento unha obra de reforma do cuarto de baño con achega de materiais na vivenda. Enténdese que o contrato co comercio non é simplemente un contrato de compravenda dos materiais, senón de arrendamento de obra. As partes do contrato de obra son o consumidor e o establecemento comercial, e regúlase nos artigos 1544 e 1588 e seguintes do Código Civil. Nestes contratos o profesional pon o seu traballo, e en ocasións subministra tamén o material, e promete o resultado do traballo e a súa boa execución técnica (de acordo coas pautas marcadas no contrato e, no seu defecto, consonte o bo facer habitual do sector e as regras da boa fe). Isto faise a cambio dun prezo que debe pagar a outra parte contratante. Trátase, xa que logo, dun contrato con obriga de resultado. Como a obra foi defectuosamente executada, o consumidor pódelle reclamar ó establecemento co que contratou a realización das obras. Cómpre ler polo miúdo os termos do contrato e/ou orzamentos aceptados. Despois, débese requirir mediante un burofax certificado con xustificante de recibimento o cumprimento do contrato, é dicir, o remate das obras, reparando os estragos ou defectos co obxecto de poder instalar correctamente a mampara elixida e orzamentada. Cumprirá acordar unha data por escrito como comezo de obra, e manter o compromiso de aboar a contía total do orzamento ó remate das obras. Se non se acada un acordo pola negativa do establecemento a asumir a súa responsabilidade, convén acudir a un avogado e, a través deste, a un perito.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto