Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Unha das experiencias que nos somerxe nunha nova etapa da nosa vida é a de convertérmonos en avoas ou avós, un momento vital para o que non sempre estamos preparados e ó que non todo o mundo accede do mesmo xeito. Hai quen experimenta unha especie de sensación de decrepitude e involución, mentres que outras persoas senten co novo status un rexurdimento de ilusións durmidas.
Trátase de recoñecerse no novo status, e cómpre sermos conscientes de que niso intervirá:
Permitir que exerzan como avós cos netos. Para eles é "a segunda oportunidade" de facer cos netos o que non fixeron cos fillos. É bo facer a vista gorda cando "malcrían" os netos concedéndolles algún capricho razoable e de xeito esporádico.Ser avó ou avoa é unha oportunidade única para que xurdan moitas vivencias positivas. Pódense aprender novas maneiras de convivir entre as tres xeracións que xurdiron dentro da propia familia. Pódese aproveitar a ocasión que dan os netos de estar en contacto con outros xeitos de vivir, doutros coñecementos, doutros puntos de vista que enriquecen ós maiores se están abertos ós cambios e ós novos modos de vida. Por iso é tan importante que, mentres nolo permita a trasfega da vida actual, se organicen xuntanzas familiares con calquera escusa para estar xuntos e gozar do pracer de verse, escoitarse e sentirse mutuamente. A mellor homenaxe que se lles pode facer ós avós é ofrecerlles o pracer de sentar á mesa cos fillos e netos. Nese escenario plásmanse os resultados de historias persoais moitas veces cheas de esforzos e dificultades. É realmente satisfactorio poderlles ofrecer ós avós a posibilidade de que comproben que a súa vida pagou a pena.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI