Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Pantallas planas para ordenador TFT: Non todo é calidade de imaxe

A ausencia de píxeles defectuosos, o número de conexións e as posibilidades de inclinación e mobilidade, esenciais na súa elección

  Analizáronse sete monitores TFT (planos) de ordenador, que custan entre os 299 euros de Feton e os 449 euros de Packard-Bell. A mellor relación calidade-prezo é LG L1510P, por non ser dos máis caros (384 euros), por ser o único que acada un 'moi ben' en calidade global, e por ser tamén o único en incluír unha conexión dixital, amais da analóxica, que evita minguas de calidade se se dispón da conexión adecuada no ordenador (cada vez máis habitual).

Á hora de mercar un monitor de ordenador o usuario débese decantar por unha voluminosa pantalla convencional de tubo de raios catódicos (CRT) ou por unha pantalla plana de cristal líquido do tipo TFT. A calidade de imaxe e precisión nas cores dos TFT non é tan sobresaliente coma nos monitores tradicionais, pero a cambio son máis descansados para a vista e avultan moito menos espazo sobre a mesa de traballo. Os monitores TFT analizados, de 15 polgadas, equivalen en superficie útil ás pantallas convencionais de 17 polgadas.

Aínda que a pantalla dos sete monitores analizados é de 15 polgadas, o tamaño real do monitor completo non é idéntico en todos os casos. HP e Sony son os que menos avultan, Samsung e Packard-Bell os máis liviáns e Feton o máis voluminoso e pesado.

Información en pantalla

A información sobre o estado da pantalla e sobre os axustes realizados sobreimpresiónase nos sete monitores (OSD), polo que resultan máis sinxelos de utilizar. No tocante ó consumo, HP e Fujitsu-Siemens son os que máis gastan (40 W de consumo máximo), mentres que Sony é a menos voraz (25 W). Packard-Bell e Feton non indicaron este importante dato.

A resolución dun monitor indica a cantidade de información que pode amosar na súa pantalla, é dicir, o número de puntos horizontais e verticais que forman unha imaxe. As pantallas TFT veñen cunha resolución nativa, polo que só ofrecerán un resultado óptimo nesa resolución (limitando a capacidade de elección do usuario). Se se intenta traballar con outra resolución (para traballar cun programa específico, por exemplo), o resultado será moi pobre. A resolución destes sete monitores é de 1024x768 (ou, o que é o mesmo, dispoñen de 1024 puntos horizontais e 768 verticais).

Descanso para a vista

  A taxa de refresco indica o número de veces que a imaxe se rexenera na pantalla cada segundo. Canto máis alto sexa este parámetro, máis descansará a vista (seremos menos capaces de discernir que a imaxe está en constante cambio). Nos monitores analizados, a taxa máxima (a que convén utilizar sempre) é de 75 hercios (por exemplo, a televisión convencional ten 50 hercios).

Os monitores de HP, Feton e Fujitsu-Siemens incorporan altofalantes, e Samsung, amais de altofalantes, ofrece un micrófono integrado. A inclinación dos sete monitores pódese regular e en Samsung e LG tamén se pode cambiar a súa altura. LG e Feton son os únicos cunha pantalla que pivota para pasar de formato apaisado (o habitual) a vertical (máis adecuado, por exemplo, para facilitar a lectura de textos longos ou para modificar partituras). Fujitsu-Siemens xira horizontalmente sobre a súa base e Samsung, LG e HP poden colgarse dunha parede.

Todos os monitores ofrecen o conector estándar analóxico de vídeo (chamado VGA ou D-sub). LG é o único que ademais inclúe o conector de vídeo dixital DVI, moito máis eficiente á hora de evitar minguas de calidade, aínda que poucos ordenadores o poden usar aínda. No tocante ás conexións que non son propiamente de vídeo, HP, Feton e Fujitsu-Siemens inclúen entrada de audio, á que Samsung engade unha conexión para o seu propio micrófono integrado. LG incorpora un concentrador ('hub') de dúas entradas USB, o que permite dispor dunha conexión destas características no monitor (moito máis cómodo que telo na parte traseira do ordenador).

A proba dos expertos

Varios expertos someteron os monitores a diferentes probas para avaliar a súa calidade de imaxe, sempre coas mesmas condicións de luz ambiental, o mesmo ordenador e o mesmo tipo de conexión: a entrada analóxica, presente en todos os equipos. LG ten, amais da analóxica, unha entrada dixital (mellor), que non se usou neste test para que os datos fosen comparables.

Os resultados foron moi similares entre as sete pantallas, e variaron só desde os 3,8 puntos sobre 5 de Samsung (o máis discreto) ós 4,1 puntos de LG, Feton e Fujitsu-Siemens. As diferenzas máis significativas estiveron en que HP incorpora un preaxuste de brillo desde fábrica que o usuario case non pode modificar (peor).

Mención á parte merecen os píxeles (puntos de imaxe) defectuosos que se atoparon en Feton (tres píxeles), Fujitsu-Siemens (dous píxeles) e Sony (un píxel). Este é un fallo moi visible que algúns fabricantes afirman que non é motivo de devolución do produto, polo que convén probar o monitor a conciencia antes de mercalo. Que nas mostras de Packard-Bell, Samsung, LG e HP non aparezan píxeles erróneos non é en absoluto garantía de que outra pantalla do mesmo modelo non teña o mesmo fallo.

Amais dos expertos, tres usuarios habituais probaron para CONSUMER os sete monitores, e valoraron diferentes parámetros do un ó cinco. Todas as mostras aprobaron, aínda que con diferenzas: Packard-Bell (3,1 puntos sobre 5), Fujitsu-Siemens (3,2 puntos) e Feton (3,4 puntos) non pasaron do 'normal'. O 'ben' alcanzárono HP e Sony (4 puntos), así como Samsung e LG (4,1 puntos).

Packard-Bell, ó non ofrecer ningún manual, obtivo a peor puntuación neste apartado. Fujitsu-Siemens suspendeu polo seu moi mellorable manual e pola súa escasa flexibilidade de movementos (2,7 puntos en ambos os dous apartados). No tocante ó aspecto exterior, o de Samsung e o de Sony son os máis logrados. HP e Sony ofrecen os controis e iconas máis útiles e doados de utilizar.

Packard-Bell FT500 é o único que non dispón de manual de instrucións, un elemento indispensable para un uso correcto e seguro do aparello. Feton e Fujitsu-Siemens só presentaron un manual en papel, e Samsung, LG, HP e Sony tamén incluíron un manual en formato electrónico (en CD-ROM).

Seguridade

Todos os equipos, salvo Packard-Bell, son seguros: mantéñense estables sobre unha superficie inclinada, non contan con fíos nin arestas perigosas, están suficientemente illados, o seu consumo eléctrico é correcto e aturaron de xeito satisfactorio diversos esforzos mecánicos e caídas. Packard-Bell non incumpre a norma de seguridade polo seu comportamento nas probas de laboratorio (nas que foi bo), senón por non incluír o imprescindible manual de seguridade.

Comprobouse a compatibilidade electromagnética, é dicir, que os equipos funcionasen con normalidade tras recibir varias descargas electrostáticas por aire (8 kV) e por contacto (4 kV). Este dato é importante, porque un monitor está ideado para traballar preto doutros equipos electrónicos (ordenador, altofalantes, impresora...) que poden causar interferencias. Feton foi o único que non superou esta proba, ó sufrir interferencias polas que cumpriu apagalo e volvelo acender.

Samsung e Sony foron os únicos que cumpriron a lei de garantías. Fixérono, ademais, de xeito sobresaliente: a norma obriga a dous anos, e ambos os equipos deron tres anos. O resto, ou ben non chegou ós dous anos mínimos, ou si o fixo pero a garantía estaba en inglés (LG), ou nin sequera incluíu un documento de garantía (Feton). De calquera xeito, tanto se o afirman na súa documentación coma se non, todos estes produtos están amparados pola norma que lle ofrece ó usuario dous anos de garantía.

No tocante á súa calidade global, os sete monitores poden englobarse en catro categorías: LG é o único con moi boa calidade, polas súas completas prestacións e características técnicas e por acadar as puntuacións máis altas na proba de uso e no test de calidade de imaxe. Samsung, HP e Sony alcanzan o 'ben'. Packard-Bell e Fujitsu-Siemens quedan en 'aceptable', mentres que Feton obtén un insuficiente polos seus moi modestos resultados nos máis dos parámetros analizados, amais de suspender a proba de compatibilidade electromagnética.

Vantaxes e desventajas

  • As pantallas TFT avultan e pesan significativamente menos.
  • Son máis caras cás súas equivalentes tradicionais.
  • Non sofren distorsión xeométrica (un mal clásico dos tubos catódicos). A cambio, só ofrecen unha resolución, a diferenza das convencionais, nas que este parámetro se pode elixir dentro dun rango. A relación de aspecto (o ancho polo alto) tamén é fixa (5:4), e diferente á dos monitores tradicionais (4:3), polo que con certas aplicacións se desaproveitará unha parte da pantalla.
  • Cansan menos a vista.
  • Ofrecen un peor contraste e a súa calidade e gama de cores non é tan boa coma nun monitor tradicional. Por iso, algúns expertos non as recomendan para aplicacións de deseño gráfico.
  • O seu consumo eléctrico, emisión de calor e emisións electromagnéticas son máis reducidas.
  • Amais da clásica conexión analóxica, admiten unha conexión dixital.
  • Hai máis posibilidades de que un punto de imaxe (píxel) non funcione ou sexa máis débil có resto.
  • Os seus tempos de resposta son lentos, polo que son peores para ver imaxes en movemento (como as películas ou a maioría dos videoxogos).

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto