Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Síndrome do túnel carpiano: Enfermidade profesional en aumento

  O síndrome do túnel carpiano (STC) é un conxunto de síntomas producidos pola compresión do nervio mediano ó seu paso polo pulso. Este nervio ten que atravesar un estreito túnel formado por ósos e ligamentos que, en determinadas circunstancias, se estreita e comprime o nervio. Dado que este nervio se encarga da sensibilidade e da mobilidade de parte da man, axiña aparecen os síntomas, que fundamentalmente consisten en alteracións da sensibilidade.
O STC pódese considerar unha enfermidade profesional: a súa incidencia está aumentando polo tipo de traballos que se realizan na actualidade, como os que esixen unha produción con ritmo elevado e poucas pausas. Tamén parece estar contribuíndo ó incremento do número de casos a proliferación de ordenadores e teclados pouco ou nada ergonómicos, diante dos que por traballo ou por lecer pasamos moitas horas. Non obstante, a relación entre ordenadores e o STC non é tan clara como parece: un estudo da Clínica Mayo do 2001 non atopou unha relación evidente entre o emprego de computadores e o risco de desenvolver un STC.

Por que se produce o STC?

Son moitas as circunstancias que poden favorecer a súa aparición:

  •  Os movementos repetitivos. O STC é moi habitual en determinadas profesións, sobre todo se se manipulan cargas ou cómpre adoptar posturas forzadas e facer forza. É o caso de persoas que usan teclados, computadoras, carpinteiros, caixeiros de supermercado, empaquetadores, dáse en traballos de montaxe e ensamblaxe, etc. Tamén se dá en violinistas, xogadores de golf, remeiros, etc., que a miúdo forzan os pulsos.
  • O uso continuo de ferramentas manuais de vibración.
  • Algunhas enfermidades dos ósos ou das articulacións, como a artrite, a artrite reumatoidea ou a osteoartrite, ó producir estreitamento da canle comprimen o nervio.
  • As lesións dos pulsos, como fracturas, escordaduras ou torceduras, teñen o mesmo efecto.
  •  Os cambios hormonais, como os desequilibrios tiroideos (hipotiroidismo), a menopausa, as últimas semanas de embarazo e a diabetes tipo II, poden propiciar a aparición do STC.
  • Parece que hai unha predisposición conxénita, xa que nalgunhas persoas o túnel carpiano é máis estreito ca noutras.
  • As mulleres teñen tres veces máis posibilidades cós homes de padecer STC, quizais porque teñen o túnel máis pequeno.

Como se diagnostica o STC?

O diagnóstico precoz é importante para deter o progreso do STC e para evitar lesións irreversibles do nervio mediano. Por iso é fundamental acudir ó médico se hai presencia dalgún dos síntomas referidos. Ademais, hai exercicios que axudan o médico que explora o paciente a diagnosticar o STC: cómpre dobrar cara a baixo os pulsos e flexionalos a tope co brazo estirado durante un minuto. Nesta posición poden reaparecer os síntomas: ó percutir no centro dos pulsos, na súa cara palmar, provócanse cambras nos dedos, unha sensación semellante a unha descarga eléctrica.
Pero o diagnóstico de confirmación faise mediante unha proba electrofisiolóxica. Trátase do estudo de condución do nervio e realízase mediante a colocación de electrodos na man e nos dedos, que rexistran a velocidade de condución eléctrica do nervio. Serve, tamén, para determinar o grao de afectación, a severidade da compresión do nervio e para esclarecer se están afectadas as fibras sensitivas e/ou motoras.

Ten tratamento o STC?

O tratamento, unha vez diagnosticado, debe comezar o antes posible. Se hai unha lesión de base hai que tratar a causa que a orixina, pero en calquera caso sempre cómpre manter un par de semanas de repouso, evitando actividades que poidan empeorar os síntomas. Pódese mesmo chegar a inmobilizar os pulsos mediante unha férula. A aplicación de frío local pode producir alivio nos casos leves.
A cirurxía, que persegue a descompresión do túnel carpiano, é o tratamento axeitado para os casos en que os síntomas duran polo menos seis meses e non responderon ós tratamentos farmacolóxicos, xa que inicialmente se pode intentar a cura con antiinflamatorios non esteroideos (AINE) como o ibuprofeno ou diclofenaco, ou con infiltracións locais con antiinflamatorios esteroideos (corticosteroides).
A acupuntura e os tratamentos quirománticos poden producir algúns beneficios pero a súa verdadeira eficacia non foi comprobada. O ioga si parece ser eficaz para reducir a dor. A intervención cirúrxica é relativamente sinxela e consiste en cortar o ligamento carpiano, que fai a vez de teito do túnel, para así agrandar a canle. O procedemento é xeralmente ambulatorio e faise con anestesia local. A recuperación total pode levar algunhas semanas, xa que aínda que a dor pola compresión nerviosa desaparece axiña, poden aparecer dores e unha certa rixidez ó nivel da incisión. Por iso case sempre, despois da intervención, hai que realizar fisioterapia para restaurar completamente a forza e a mobilidade dos pulsos.
Na maioría dos pacientes intervidos a recuperación é total e a recaída é excepcional.

Que se pode facer para previr a súa aparición?

No ámbito laboral, para quen se expón ós factores devanditos, é aconsellable utilizar unha cinta nos pulsos, realizar pausas, facer exercicios de estiramento coas mans e dedos, rotar en distintas actividades, e se fose posible, redeseñar as ferramentas e o xeito de traballar con programas especializados en ergonomía que eviten os factores de risco.

Que síntomas produce o STC?

  O nervio mediano, como todos os nervios, consta dunha envoltura de mielina. Debaixo dela pasan as fibras sensitivas e polo centro as fibras motoras. Por iso, nas primeiras etapas, cando se comprime a parte máis superficial do nervio, aparecen síntomas sensitivos, e se a compresión persiste e se fai máis intensa vense afectadas as fibras motoras e aparecen trastornos da mobilidade. O nervio mediano innerva o dedo polgar, o índice, o terceiro dedo e metade do anular, polo que os síntomas se limitan a estes dedos. Os síntomas poden variar dunha persoa a outra no tocante á súa intensidade e forma de aparición, pero case sempre se presentan os seguintes:

  • Sensación de formigo nestes dedos, especialmente no polgar e no índice.
  • Sensación de adormecemento da zona e de inchazo.
  • Dificultade para agarrar obxectos cunha ou coas dúas mans e para facer garra coa man ou pechar o puño.
  • Sensación de perda de forza na man, de debilidade nos dedos.
  • Dores nos pulsos, na palma da man e ás veces polo antebrazo. A dor faise máis intensa cando se amarran obxectos e se dobra o pulso, e ás veces aumenta pola noite, podendo chegar a espertar o afectado, que sente a necesidade de sacudir a man.

Os síntomas adoitan aparecer gradualmente. Comézase con alteracións da sensibilidade. Aparecen despois as cambras e máis tarde a debilidade e perda de forza. A medida que a afección progresa e se non se lle pon remedio, os músculos da eminencia tenar, os da base polgar, poden chegar a atrofiarse. O síndrome do túnel carpiano pode presentarse nunha man ou nas dúas.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto