Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Canles de EROSKI CONSUMER
Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha persoa discapacitada adquiriu unha vivenda de protección oficial con praza de garaxe cualificada pola Administración como adaptada. Finalmente resultou que a praza non axuntaba tales condicións e que o seu tamaño non era apto para a manobra dunha cadeira de rodas. Este cidadán iniciou unha reclamación ante a Consellería de Obras Públicas e o asunto chegou ante o Tribunal Superior de Xustiza de Castela-A Mancha. Solicitaba que se condenase a Administración a realizar as obras de adaptación necesarias e, no caso de non ser posible, que se lle proporcionase outra vivenda. En sentencia do 11 de xuño do 2003, a Administración é condenada a proporcionar outra vivenda adaptada, dado que o acceso á praza de garaxe presentaba dificultades que imposibilitaban as obras de adaptación. Di o Tribunal que a obriga da Administración é imporlle á empresa construtora a adaptación ou realizala ela mesma, pero que como existían impedimentos insalvables para iso, a única alternativa era condenala a entregar outra vivenda con garaxe conforme á normativa de adaptación a minusválidos e de barreiras arquitectónicas.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI