Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Sufriu un accidente nunha atracción de feira

Un amigo sufriu a amputación dunha falanxe da man dereita nun accidente sufrido cando se divertía nunha atracción de feira. Nin a empresa nin a súa compañía queren asumir a responsabilidade. Interesaríame saber qué organismo público controla e supervisa a seguridade das atraccións para que cumpran a normativa vixente.

 As atraccións de feira supoñen certo risco para os usuarios e este risco é asumido por eles, polo que sería un funcionamento anormal ou irregular das atraccións o que daría lugar a unha responsabilidade e indemnización. Así se vén afirmando na xurisprudencia das Audiencias Provinciais, que sinala que quen as utiliza é consciente dos seus riscos e en certo modo asúmeos, sempre que non interveñan anomalías que os agraven. Deste xeito debilítase a argumentación de que quen explota con ánimo de lucro un negocio susceptible de producir risco é responsable dos danos que xere. Para que prospere unha reclamación contra a empresa non abonda acreditar o resultado con danos, senón que ademais se debeu producir unha omisión na empresa da atracción ou unha anormal intensificación do risco. Correspóndelle ó usuario probar o dano e a relación de causa efecto entre o dano e unha omisión ou actividades anómalas da empresa (como falta de adecuada vixilancia, de control, deficientes medidas de seguridade, de instrucións...). Á empresa que manexa os aparellos correspóndelle probar a súa dilixencia, acreditar que o accidente sobreveu sen ter ela contribución ningunha no mesmo, que obrou co coidado, atención ou perseveranza esixibles e coa reflexión necesaria para evitar prexuízos. A neglixencia tamén pode ser por omisión de información sobre riscos e precaucións: para que o usuario asuma o risco tamén pode ser necesario que sexa advertido do mesmo e dos medios que debe adoptar para evitalo ou reducilo. Noutros casos os tribunais entenderon que pola propia natureza da atracción pode ser evidente, sen necesidade de información adicional, que xera un risco perfectamente observable e, polo tanto, asumido por quen a utiliza. No tocante ás normas de seguridade, cómpre informarse nas conserxerías correspondentes das Comunidades Autónomas e Concellos sobre o regulamento de espectáculos públicos.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto