Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Subtraéronlle o coche que deixou en marcha

Hai dúas semanas estacionei o meu coche na porta da casa para descargar os cochiños dos nenos, pois pensaba proseguir a viaxe. Deixeino en marcha e alguén se introduciu no meu coche e levouno. O coche está asegurado contra roubo, pero ó parecer, como non houbo violencia, trátase dun furto. A compañía esgrime que non teño ningún dereito a indemnización. Que podo facer?

 Para concluír se un feito aparentemente constitutivo de furto ou unha subtracción levada a cabo sen empregar forza se corresponde co risco de roubo asegurado, cómpre acudir á Lei do Contrato de Seguro. Segundo esta, cóbrese "a subtracción ilexítima por parte de terceiros das cousas aseguradas", o que incluiría tanto o roubo coma o furto. O Tribunal Supremo puntualizou que o importante é ter claro que o roubo, en relación co seguro, se identifica coa subtracción ilexítima. Pódese considerar, polo tanto, que a subtracción do vehículo sen forza queda cuberta polo seguro de roubo, dada a redacción da lei e a interpretación dos Tribunais. Non obstante, cómpre ler detidamente as condicións da póliza por se estivese expresamente excluído o risco de furto. Aínda que así fose, cabe lembrar que as cláusulas dos contratos de seguro poden ser nulas por considerarse lesivas para os consumidores. No tocante á reclamación, e unha vez cumprido o trámite de notificar o sinistro, o artigo 18 da Lei do Contrato de Seguro di que o asegurador está obrigado a satisfacer a indemnización ó remate das investigacións e peritaxes necesarias para establecer a existencia do sinistro e, no seu caso, o importe dos danos que resulten do mesmo. Para rematar, as compañías aseguradoras non están obrigadas a reparar os efectos do sinistro cando este se producira por neglixencia grave do asegurado. A cuestión de se deixar o vehículo coas chaves postas nas circunstancias descritas supón ou non neglixencia grave (poderíase entender que non o é, polo menos non grave) sería unha cuestión a determinar por un xuíz, caso de que o alegase a Compañía.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto