Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Economía Doméstica

Λ

ITV ou Inspección Técnica do Vehículo: Cita ineludible

Se un vehículo circula sen superar a ITV, o seu titular exponse a unha multa de ata 1500 euros

  Un total de 7,4 millóns de turismos en España pasaron no 2003 a súa revisión anual, a Inspección Técnica do Vehículo (ITV). De acordo ó Real Decreto do 24 de setembro de 1985 número 1987/1985, vixente desde 1987, os automóbiles con máis de catro anos de antigüidade -cinco para motocicletas e seis para caravanas- e de matriculación española deben superar as revisións periódicas nas estacións habilitadas especificamente para iso polas comunidades autónomas. Este exame, dependente do Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, ten tres obxectivos: asegurar que os vehículos en circulación manteñan unhas condicións de seguridade por riba dos mínimos esixidos, reducir o risco de accidentes por causas técnicas e protexer o ambiente a través da redución das emisións dos gases de escape. Rematado o exame, emítese un informe.

Exame obrigatorio

  O ditame pode ser favorable, desfavorable ou negativo. Se é favorable, o condutor, tras aboar unha media de 34 euros, pode circular co seu coche coa seguridade de que funciona correctamente. Deberá colocar o adhesivo que lle entreguen -no que figura a data da última ITV- nunha parte visible do coche. Pola contra, se o vehículo superou o exame só a medias e o resultado é desfavorable -o 22,6% dos automóbiles que visitaron a ITV obtiveron esta nota no 2003-, concédeselle ó seu propietario un prazo non superior a dous meses para que realice os arranxos pertinentes.

 Durante ese tempo só poderá utilizar o automóbil para acudir ó taller e volver á ITV, quedando inutilizado para circular libremente pola vía pública. Finalmente, se no informe figura un resultado negativo, o vehículo permanecerá temporalmente no lugar onde se realiza a inspección ata que un guindastre o traslade a un taller mecánico. Unha vez alí, cumprirá pór a punto o automóbil de acordo ás anotacións realizadas polos técnicos.

Que acontece se non estamos de acordo co resultado da ITV? Pouco se pode facer nese caso: se o propietario do vehículo se nega a realizar os arranxos ou cambios que os técnicos da ITV lle esixen, o vehículo poderá ser dado de baixa da circulación nese mesmo momento. En principio, non existe a posibilidade de reclamar contra estes resultados e de pedirlle a outra estación unha nova revisión. En teoría só se pode facer se o autoriza expresamente o órgano competente da comunidade onde se realizou a inspección, e na práctica é unha situación que practicamente non se dá.

Cando acudir á cita

A primeira vez que un vehículo teña que pasar a ITV o seu propietario debe tomar a iniciativa: cumprirá que se informe sobre cando lle corresponde e sobre os talleres homologados ós que pode acudir. Na páxina web www.aeca-ITV.com pódese atopar toda a información necesaria. Para posteriores revisións o taller ó que vaiamos tomará a iniciativa de lembrarnos mediante carta que chegou o momento de presentar de novo o vehículo á ITV.

Automóbiles. Están obrigados a pasar a primeira ITV os vehículos de uso privado que teñan catro anos de antigüidade. A partir dese momento, a visita obrigatoria deberase repetir cada dous anos ata que cumpra os dez anos. Despois a revisión será anual.

Motocicletas. A lei regula que as motocicletas deben pasar a primeira ITV cando superen os cinco anos de antigüidade. A partir dese momento o seu exame levarase a cabo cada dous anos.

Caravanas. A Dirección Xeral de Tráfico estima que a primeira ITV cómpre realizala ós seis anos e que a partir dese momento as seguintes revisións serán bienais.

Multa para coches sen a ITV superada

Máis de dous millóns de turismos, preto do 25% do parque automobilístico, eluden as revisións que periodicamente están obrigados a superar, segundo o último informe elaborado pola Asociación Española de Entidades Colaboradoras da Administración na Inspección Técnica de Vehículos (AECA-ITV), patronal que axunta as 42 empresas que xestionan os 221 centros de ITV que existen en España. Normalmente son coches de particulares que superan os 10 anos de antigüidade e que non cumpren os requisitos establecidos. Nestes casos, o usuario dispón de dúas opcións: acudir ó taller para realizar as melloras requiridas ou dar de baixa o coche.

Se as autoridades policiais sorprenden o propietario dun vehículo sen o adhesivo da ITV ou con ela caducada, as consecuencias son as seguintes:

  • Intervención do permiso de conducir. Haberá un prazo de dez días para pasar o exame favorablemente.
  • Pagamento dunha multa. A Lei de Tráfico prevé sancións de entre 94 e 1503 euros por circular sen pasar a ITV.

Prezos e liberación do sector

A liberalización deste sector, que chegou a facturar en España 250 millóns de euros coas revisións realizadas o pasado ano, aprobouse hai tres anos co obxectivo de facer baixar os prezos e mellorar a calidade do servizo.

O pasado mes de xaneiro cumpriuse o prazo máximo que o Goberno fixara para que as diferentes comunidades autónomas establecesen as datas do proceso. Con todo, estas vanse retardar ata chegar ó ano 2010, pois a maioría das concesións aínda estarán vixentes para esa data. Segundo a norma, calquera taller podería realizar as inspeccións obrigatorias, e deste xeito cumpriríase co obxectivo de facer baixar os prezos e de mellorar a calidade do servizo.

Así e todo, a patronal AECA-ITV e as asociacións de empresarios e condutores non ven con bos ollos a liberalización do mercado. Consideran que o paso das concesións cara a un sistema de autorizacións non se traducirá nunha baixada de prezos, nin mellora de calidade. Pola contra, provocará efectos secundarios negativos, como que as zonas menos desenvolvidas economicamente queden sen este servizo e que os automobilistas se teñan que desprazar a outras comunidades.

Puntos fracos

Antes de acudir a un destes centros de inspección, podémonos asegurar o visto e prace oficial levando o coche a un taller para comprobarmos que se atopa en óptimas condicións. É o que moitos chaman a pre-ITV. Estas son as partes do vehículo que obrigatoriamente revisarán os técnicos encargados de realizar a ITV.

  • Documentación. O primeiro paso é comprobar que a marca do coche, o seu número de bastidor e matrícula coinciden cos datos que aparecen no permiso de conducir e na tarxeta de inspección técnica entregada polo titular. Será requisito imprescindible para proceder á inspección que todos os documentos sexan orixinais.
  • Carrocería. Croques, baixos e o bastidor.
  • Acondicionamento exterior. Espellos retrovisores, cristais e mantemento da placa de matrícula.
  • Acondicionamento interior. Funcionamento de portas, ventás, mecanismos de peche, cintos de seguridade e limpaparabrisas.
  • Sinalización e iluminación. Luces de cruce, luz de freo, intermitentes e luces longas.
  • Dirección.
  • Motor. Nivel de ruído, emisión de monóxido de carbono e grao de contaminación.
  • Catalizador. Un dos motivos máis frecuentes de rexeitamento nas inspeccións é o das emisións excesivas. Non é que os automóbiles contaminen máis ca antes, senón que os controis que se realizan son máis estritos agora. En realidade, o que se fai é aplicar a normativa en vigor, mentres que antes se era moito máis permisivo neste aspecto. Tal e como esixe a directiva europea sobre este tema, o nivel de contaminación destes coches debe ser moi baixo.

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto