Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Tema de portada

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Establecementos de bronceado artificial: Solarios: incumpren a lei que os regula

Só o 8% dos centros visitados en todo o país aproban o exame, baseado na normativa vixente

 O "sol artificial" converteuse nun negocio moi rendible. O 20% dos españois tomou raios UVA durante o 2002 (o 26%, se se trata de mulleres) segundo un estudo do propio sector. A franxa de idade dos usuarios máis comúns é a de 20 a 30 anos e é precisamente agora, na primavera, cando máis (o 49% dos usuarios) se recorre ós raios UVA, se ben un de cada oito usuarios recoñece que toma estes raios artificiais durante todo o ano. Case non quedan salóns de peiteado, centros de estética e beleza ou ximnasios que non dispoñan dunha cabina de raios UVA, amais das numerosas cadeas e franquicias específicas que se instalaron en todo o país.

Así e todo, os consumidores parecen ignorar os perniciosos efectos do bronceado, tanto solar coma artificial. Sábese que non é totalmente bo para a saúde da pel, pero probablemente descoñécese a grave repercusión das doses continuadas de raios solares e de raios UVA. Os raios UVA están relacionados con alteracións do ADN celular, con reaccións fotoalérxicas e fototóxicas, co avellentamento prematuro da pel e, o que é aínda máis grave, co cancro de pel. En España, os casos de melanoma (cancro de pel orixinado pola incorrecta exposición ós raios ultravioletas) triplicáronse nos últimos anos.

Xa que logo, a exposición ós raios solares ou ós raios UVA cómpre realizala coa maior moderación e control posibles. Os dermatólogos consideran que superar as 20-30 sesións de raios UVA ó ano constitúe un perigo, especialmente para as peles máis sensibles, que pode provocar prematuro avellentamento da pel, queimaduras, manchas, engurras, flacidez e, no peor dos casos, un melanoma ou outro cancro de pel, como consecuencia do esgotamento dos sistemas de autodefensa.

Nos Estados Unidos e tras sucesivas investigacións científicas, a American Medical Association recomendou a prohibición do uso de lámpadas de raios UVA, e, en España, os chamamentos e advertencias dos médicos son cada vez máis frecuentes e rotundos. A favor dos raios UVA alégase que constitúen un método rápido, cómodo e controlado de adquirir o devecido ton bronceado da pel e mesmo que son recomendables para certas patoloxías como o acne, a psoríase ou a osteoporose. Non obstante, os dermatólogos discuten, e cada día con máis énfase e argumentos científicos, estes beneficios.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto