Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Análise de produtos

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

'After shaves' en bálsamo: Pagar máis non equivale a mercar mellor calidade

O máis caro case non contiña substancias activas e é un dos dous que non hidrataron a pel na proba realizada

 Analizáronse oito locións para despois do afeitado en bálsamo. A máis cara (Gillette, saía a 65,04 euros por litro) case cuadriplicaba o prezo da máis barata (Lea, a 16,76 euros por litro). Logo de realizar as pertinentes análises de laboratorio e probas de uso con consumidores, conclúese que a mellor relación calidade-prezo é Sanex Men (sae a 36,54 euros/litro), pola súa boa calidade global, polo seu satisfactorio poder hidratante e polo seu prezo medio.
O afeitado cotián reseca a pel e provoca microcortes no rostro. Por iso, tralo rasurado convén aplicar un produto que hidrate e refresque a pel, que calme a irritación e que facilite a cicatrización das feridas. Os 'after shaves' preséntanse como loción, xel ou bálsamo. Este último, pola súa maior viscosidade, é máis doado de dosificar.
Os after shaves son emulsións do tipo "aceite en auga" con axentes hidratantes, suavizantes, rexeneradores ou emolientes (que suavizan). A gran cantidade de auga que conteñen, no canto de hidratar a pel, provoca un desecamento cutáneo, polo que se inclúen entre os seus principios activos substancias humectantes capaces de reter a auga, como glicerol, sorbitol ou propileno glicol. E esa cantidade de auga convérteos en caldo de cultivo idóneo para microorganismos (bacterias e fungos), polo que se torna esencial que incorporen tamén substancias conservadoras, como fenoxietanol, paraben ou clorfenesin.

Alcohol: si ou non

Os oito after shaves incorporan substancias concentradoras ou xelificantes para darlle consistencia e aumentar a viscosidade do bálsamo. Tamén é común que utilicen perfumantes, calmantes, antiinflamatorios, antiengurras, reparadores e ás veces filtros ultravioleta para protexer do sol.
Salvo Nivea, Sanex e Gillette, utilizan alcohol (que actúa como desinfectante), aínda que un after shave non é mellor nin peor por conter alcohol: algúns usuarios buscan a sensación de frescor que proporciona, mentres que outros toleran peor o alcohol sobre a pel. Estes bálsamos son de cor branca, salvo Williams, que é azul.
A película natural de suor, restos celulares e sebo que recobren a pel da cara fai que o seu pH sexa lixeiramente ácido (5,5). Unha loción para despois do afeitado será mellor canto máis se achegue o seu pH ó do rostro. Definíronse como aceptables valores entre 4,8 e 5,9. Fóra deste rango estaban Nivea (6,4), Williams (6,3) e Kinesia (6,1), máis básicos có resto, pero que non chegan a ser agresivos coa pel.
A viscosidade tamén se mediu, e non só porque un bálsamo demasiado líquido sexa máis difícil de dosificar (escorregaría entre os dedos), senón porque de ser moi espeso, resultaría incómodo. Valoráronse correctos os valores entre 3.000 cps e 8.000 cps, e bos os que superan esa última cifra. Nivea fallou por pouco denso, con 2.535 cps, mentres que Gillette (8.548 cps), Lea (11.175 cps), Floid (23.375 cps) e, sobre todo, Williams (38.075 cps) son máis adecuados. A gran viscosidade de Floid e Williams compénsase cuns envases moi flexibles e, ademais, a posición natural do frasco é invertida, o que facilita a dosificación.

Contido real

O extracto seco son as substancias orgánicas e minerais que quedan tras eliminar a auga e substancias volátiles como o perfume. A súa cantidade non está relacionada directamente coa calidade, aínda que lle permite ó usuario saber cánto hai de auga no produto. Lea é o que menos extracto seco ofrece (2,2%) e Floid é o de máis, cun 8,6%. La Toja indica que contén urea, pero no laboratorio non se detectou, polo que, de incluíla, faino nunha proporción tan pequena que non sería eficaz.
Nivea For Men foi a loción con máis substancias activas, ó conter cinco das seis analizadas (glicerol, bisabol, acetato de vitamina E, pantenol e alantoína). Gillette Series e Lea foron os peor valorados, ó incluíren só glicerol, e en menor cantidade có resto.
Neste estudio deixáronse á marxe certas substancias hidratantes compostas por varios ingredientes, non todos coñecidos nin separables no laboratorio pero que poden incidir na calidade final. Ademais, a formulación pode influír na capacidade hidratante: algúns ingredientes base (como os emolientes, encargados de suavizar) forman unha capa protectora que limita a evaporación da auga mantendo a pel hidratada durante máis tempo.
Para medir a capacidade irritante comprobouse a tolerancia cutánea dos bálsamos e non a ocular, por ser este un produto que se aplica na parte inferior do rostro (aínda que algúns expertos recomendan estendelo por toda a cara para aproveitar a súa capacidade hidratante de xeito uniforme). Aplícanse sobre as costas de dez voluntarios sans 0,02 mililitros de cada produto. Tras permanecer en contacto coa pel baixo un parche semioclusivo durante dous días (ó lado doutro parche sen produto para poder comparar), un dermatólogo observa se na zona onde se aplicou o produto apareceron eritemas, edemas, sequidade ou bochas. Ningún é irritante e todos son moi ben tolerados pola pel.

Non todos hidratan

  Todos os bálsamos para despois do afeitado afirman hidratar a pel. Para comprobalo, utilizouse unha mostra de 45 homes adultos sobre os que se aplicaron as mostras e utilizouse un corneómetro, instrumento que mide o grao de hidratación nas capas superiores da pel. A hidratación comprobouse tres veces: a primeira antes da aplicación do 'after-shave', a segunda trinta minutos despois e a terceira cando xa transcorreran dúas horas.
Nivea, Kinesia, Lea, Floid, Sanex e Williams demostraron un claro efecto hidratante nas dúas medicións posteriores á aplicación. Gillette e La Toja, pola súa banda, non hidrataron a pel, aínda que na etiqueta afirman que si o fan. Tendo en conta estes parámetros, Nivea é o único que alcanza a valoración de "moi bo". Gillette Series e La Toja só obteñen a de "correcto" polo seu inferior poder hidratante, mentres que o resto quedou nun "ben".
CONSUMER someteu os oito bálsamos a unha proba de uso por parte de 56 consumidores de entre 18 e 65 anos. Os usuarios cualificaron de 1 a 9 puntos cada apartado, pero nin na valoración global nin en ningún dos aspectos se atoparon diferenzas significativas: todas as puntuacións foron semellantes. La Toja (con 7,1 puntos sobre 9) e Gillette (7 puntos) foron lixeiramente mellores, e Nivea (6,2 puntos sobre 9) e Lea (6,3 puntos) os que demostraron un peor comportamento, aínda que bo.

Substancias activas

A maioría dos after shaves utilizan unha mesma serie de substancias para cumpriren o seu cometido de hidratar, reparar e tonificar a pel.
Glicerol ou glicerina: é o hidratante máis coñecido, e a súa proporción dentro da fórmula da loción acostumada é maior cá do resto de substancias activas. Atopouse en Nivea, Lea, Sanex e Gillette.
Urea: tamén achega virtudes hidratantes, pero só se atopou en Sanex.
Bisabol: de efecto antiinflamatorio, emprégano Nivea, Kinesia, Floid, Sanex e Williams.
O acetato de vitamina E: antiengurras, calmante, cicatrizante e hidratante. Atopouse en Nivea, Kinesia e Williams.
Pantenol (provitamina B5): con virtudes reparadoras, nutritivas e hidratantes, está en Nivea e La Toja.
Alantoína: cicatriza os microcortes, e atópase na formulación de Nivea, Sanex, Kinesia, Williams, Floid e La Toja.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto