Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un alumno sufriu un accidente na clase de ximnasia ó caer de xeito incorrecto nos colchóns logo de saltar desde un mini tramp. Sufriu lesións gravísimas, polo que pasou 205 días hospitalizado e quedáronlle secuelas físicas (tetraplexía) e psíquicas. Os seus pais demandaron o profesor e o centro, solicitando unha indemnización por perdas e danos.
Os demandados alegaron que o dano se debeu a un risco imprevisible, xa que adoptaron todas as medidas para evitar danos: colocáronse os colchóns a xeito de T para amortecer os saltos, o profesor situouse nos colchóns ou xunto ó mini tramp e deuse unha explicación verbal do exercicio. Pero para a Audiencia de Xaén, en sentencia do 24 de novembro do 2003, estas precaucións non foron abondas.
Circunstancias como a idade dos nenos, o tipo de aparello -que debía estar ancorado ou suxeito- ou a insuficiencia dunha simple explicación verbal revelaban que as precaucións adoptadas foron insuficientes. Como o exercicio se realizaba por primeira vez, sen preparación previa, existía un risco previsible que cumpría evitar. E condena os demandados a unha indemnización de 600.000 euros.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI