Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Defectos na construción dunha vivenda unifamiliar

 Un consumidor contratou unha empresa construtora, un arquitecto superior e un aparellador para a construción dunha vivenda unifamiliar. Cando entrou a vivir non advertiu defecto ningún; pero ó cabo dun tempo apreciou varios danos procedentes de vicios na construción, como humidades no teito e parte superior do salón, nas paredes de habitacións próximas a unha horta, deterioración da pintura do teito da terraza, filtracións de auga no garaxe, etc. Por iso, demandou a todos os que interviñeron na obra, reclamando a reparación dos defectos, e todos eles foron condenados con carácter solidario.

Apelaron o arquitecto e o aparellador por considerar non procedente a condena solidaria. Pero a Audiencia Provincial de Ávila, en sentencia do 21 de xaneiro do 2003, sinalou que, neste caso, ó non se poder discernir con absoluta claridade e precisión o grao de responsabilidade de cada un dos demandados, débeselles atribuír a todos con carácter solidario.

E di que aínda que algúns defectos proviñan do proxecto do arquitecto, o aparellador debeu detectalos e alertar a este a medida que se iniciaba e avanzaba a obra. Ademais, non se comprende que se asine o certificado final de obra con esas irregularidades.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto