Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Sentenzas

Λ

Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.

Un ciclista caeu nun paso a nivel

 No ano 1992 un ciclista sufriu unha caída cando facía un percorrido no que se atopaba un paso a nivel. Foi hospitalizado durante dez días por fractura no fémur, polo que demandou por tales danos a RENFE e a Deputación de Valencia, responsable da estrada. Consideraba que a caída se debeu ó lamentable estado do paso a nivel, que tiña no seu centro uns taboleiros de madeira con fendas e buratos e que, como chovera, as condicións de paso fixeron ingobernable a bicicleta. A Audiencia Provincial condenou os demandados a indemnizar a víctima.

Recorreu a Deputación alegando que os pasos a nivel son só responsabilidade de RENFE. Pero o Supremo, en sentencia do 23 de outubro do 2003, entendeu que o accidente se debeu non só ó estado do paso a nivel, senón tamén ó mal trazado da estrada. Lembra que o paso a nivel contaba cunha "negra historia" de sinistralidade e que os informes levados ó xuízo sinalaban que o ángulo entre as vías e a estrada era pequeno, e que "a menor ángulo, maior perigosidade no cruce". Xa que logo, o Supremo descarta o caso fortuíto e declara a responsabilidade da Deputación valenciana.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto