Saltar o menú de navegación e ir ao contido

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

Boletíns

| Baixa | Máis opcións |

Canles de EROSKI CONSUMER


Cambiar idioma

Outras utilidades

  • enviar a outra persoa

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Pódese cambiar o coche novo se este se avaría ós seis días?

Merquei un coche novo e ós seis días, con só 254 quilómetros percorridos, o motor xa non arrincaba. No taller reparárono e o arranxo durou outros oito días. Todo iso nun coche mercado nun concesionario e cunha garantía de dous anos. Teño dereito a esixir o cambio do vehículo por outro novo, no canto de arranxar este?

 Cando un consumidor merca un produto nun establecemento ten dereito a que estea en perfecto estado e que funcione correctamente conforme ó que habitualmente cabe esperar del, consonte ó indicado polo vendedor, o sinalado na publicidade, na oferta, nas etiquetas e no contrato sobre as características, calidades e prestacións propias do produto.

De acordo coa Lei de garantías, o vehículo dispón dunha garantía de dous anos a contar desde a data de compra, pero os oito días que durou a reparación non se contan no computo do prazo. No momento en que o motor deixou de funcionar, o usuario tiña dereito a optar entre a reparación ou a substitución do vehículo por outro novo. Aceptou a reparación e o vehículo funciona de maneira óptima. Polo tanto, nestes momentos xa reparou o vehículo e non ten dereito a reclamar un vehículo novo en substitución do adquirido. Pero quizais tampouco tería este dereito no momento oportuno, porque a lei non permite optar pola substitución cando esta resulte desproporcionada en relación á reparación.

Neste caso, a reparación era posible e viable, deu resultado e probablemente o seu custo era inferior á substitución, polo que consideramos que a reparación era a opción adecuada á legalidade. Hai que ter en conta que actualmente funciona e que está en perfecto estado. Agora ben, se a mesma avaría volve xurdir, pódese considerar o cambio de vehículo, alegando que a reparación non deu resultado máis ca temporalmente.

Pódese acudir a unha Oficina Municipal de Información ó Consumidor ou a un avogado para que medien entre ambas as partes. De modo xeral, aconséllase deixar constancia escrita de todas as avarías dos produtos, das entradas en talleres de reparación en garantía e das queixas do consumidor mediante Follas de Reclamacións.



Recursos desta páxina



Validaciones desta páxina

  • : Conformidad co Nivel Triplo-A, das Directrices de Accesibilidad para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
  • XHTML: Validación do W3C indicando que este documento é XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación do W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que os nosos titulares RSS teñen un formato correcto