Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > O máis práctico > Consultorio legal

Λ

Se degoras que resolvamos tu caso en revista.consumer.es ponte en contacto con nosoutros. Como é lóxico, sólo serán publicadas as consultas que dende revista.consumer.es consideremos máis interesantes.

Quen debe pagar a plusvalía cando se merca unha vivenda?

Nun dos apartados da escritura da vivenda que merquei di: "todos os gastos e impostos que se orixinen no outorgamento desta escritura serán de cargo da parte compradora, incluído o Imposto Municipal sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana (Plusvalía)". Días despois recibo unha notificación do construtor esixindo que ingrese a cota correspondente á plusvalía (3000 euros), pero informáranme verbalmente de que esta cota sería como moito de arredor de 400 euros. Teño obriga de pagala?

 A plusvalía está regulada na Lei 39/1988, de facenda locais, que establece que é un tributo directo que grava o incremento de valor que experimentan os terreos. Esta norma obriga ó pagamento do imposto ó vendedor, é dicir, non permite traspasar a obriga de pagamento ó comprador, pero esta prohibición só ten efectos tributarios, non civís, que son os que se cuestionan.

En termos civís, a cuestión deu lugar a solucións distintas en función das diferentes Audiencias Provinciais e das concretas circunstancias de cada caso. Por iso entendemos que non é posible dar unha resposta taxativa sobre se ten ou non obriga de pagar, aínda que, na nosa opinión, a imposición a un consumidor, por parte dun profesional, nun contrato de compravenda de vivenda, é unha práctica abusiva, contraria á boa fe e ó xusto equilibrio entre as partes, máis aínda cando nada se dicía ó respecto no contrato privado de compra, previo á escritura.

Tanto a Audiencia Provincial da Coruña, de 15 de outubro de 1999, coma a de Palencia, de 21 de xaneiro de 1994, consideran esta cláusula nula, por abusiva ó romper o xusto equilibrio das contraprestacións, xa que carga sobre o comprador unha obriga que lle corresponde de modo exclusivo ó vendedor. Con todo, as sentencias da Audiencia Provincial de Valladolid, de 7 de setembro do 2001 e da Audiencia Provincial de Ourense, de 16 de maio do 2000, consideran a cláusula válida e correcta, pactada dentro do ámbito da autonomía da vontade dos contratos.

O mesmo acontece en Navarra, onde a plusvalía a paga o comprador. Suxerimos acudir a un avogado e/ou enviarlle ó vendedor un burofax certificado con xustificante de recibimento manifestando tanto a súa desconformidade coa cláusula coma a súa queixa sobre a deficiente información e intentando chegar a un acordo.


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto