Saltar o menú de navegación e ir ao contido
O seu almacenamento é unha das cuestións que máis enfrontamentos provoca polo perigo de fugas radioactivas
Os residuos nucleares ou radioactivos son material de refugallo xerado no ciclo nuclear, que comeza coa propia extracción do mineral (uranio) utilizado nas centrais nucleares. En España este lixo atómico, contaminado con elementos radioactivos en concentracións superiores ás establecidas polas autoridades, provén de nove centrais nucleares, que producen o 33% da electricidade do país, e de preto de 600 hospitais e centros de investigación. En total, algo máis de 2.000 toneladas anuais de residuos. Os de baixa e media actividade, procedentes de aplicacións non enerxéticas, almacénanse no vertedoiro nuclear de El Cabril (Córdoba), mentres que os de alta actividade, xerados nas centrais nucleares, confínanse en piscinas especiais subterráneas que hai nas propias centrais. É xustamente o seu almacenamento unha das cuestións que máis enfrontamentos provoca entre os partidarios da enerxía nuclear e os contrarios a esta, polo perigo que pode representar unha fuga radioactiva.
Para clasificar os residuos radioactivos pódese atender a diversos criterios, como o seu estado físico (sólidos, líquidos e gasosos), tipo de radiación emitida (alfa, beta, gamma), contido en radioactividade, período de semidesintegración dos radionucleidos que conteñen, xeración de calor, etc. Desde o punto de vista da súa xestión, en España actualmente os residuos radioactivos clasifícanse en:
Outro xeito de clasificalos é baseándonos no perigo que comportan, e normalmente un residuo é máis perigoso canto maior sexa a súa vida media.
O principio que segue o almacenamento de residuos é illalos do medio humano, interpoñendo entre eles e os seres vivos un sistema de barreiras que impida o seu retorno para sempre, ou que minimice os riscos a un valor practicamente nulo no caso de fuga. Este proceso denomínase confinamento. Con independencia dos avances científicos que permitan, no futuro, desenvolver tecnoloxías capaces de eliminar ou diminuír a radiotoxicidade destes residuos, actualmente está admitida e tipificada internacionalmente a estratexia que cómpre seguir para o almacenamento final dos residuos radioactivos, é dicir, para o seu confinamento definitivo. O perigo que se quere evitar é que a auga de chuvia ou a auga subterránea entre en contacto cos residuos radioactivos e que posteriormente disolva algún dos radionucleidos presentes e os transporte ó medio humano, co conseguinte perigo que isto comportaría.
Trátase dunha enerxía que emiten certos corpos, ben sexa espontaneamente (radioactividade natural) ou provocada por unha intervención externa (radioactividade artificial). A radiación que emanan os materiais radioactivos pode danar os organismos vivos. O dano producido ó corpo humano por todo tipo de radiacións mídese cunha magnitude denominada dose de radiación. Un siévert (Sv) é a unidade que mide esa dose de radiación. Un nivel non nocivo de radiación sobre un individuo pode ser 2 ou 3 milisiéverts. Expor un corpo enteiro a un nivel de 3 a 5 siéverts causaríalle a morte. En tratamentos de radioterapia -que consiste en radiar un tecido ou tumor para destruílo- irrádianse doses moi superiores que poden mesmo alcanzar os 70-80 siéverts. Ó ser accións moi localizadas sobre zonas concretas do corpo os pacientes non sofren as consecuencias da radiación.
O único cemiterio nuclear español acondicionado para albergar materiais de baixa e media actividade (cunha vida máxima de 300 anos) está situado a 80 quilómetros de Córdoba, en pleno corazón de Serra Morena. Construído en 1992, El Cabril almacena máis de 16.000 metros cúbicos de lixo nuclear (o 28% da súa capacidade). Funcionan 36 puntos de control do aire, da auga e da vexetación. Enresa (Empresa Nacional de Residuos Radioactivos), que xestiona os residuos nucleares en España, asegura que non hai emisións ó exterior. En 1996, o Tribunal Superior de Madrid declarou que alí se almacenaran refugallos das centrais nucleares sen teren a licencia que cumpría ter. As estruturas de almacenamento están concibidas para afrontar un terremoto de 7,5 graos e os residuos pódense recuperar no caso de xurdir un método máis seguro.
Nestes momentos hai tres métodos de xestión de residuos:
Estas tres opcións teñen en común dúas etapas fundamentais: o almacenamento temporal dos combustibles gastados e o seu posterior almacenamento definitivo.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI