Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Ó longo da vida, a muller e o home teñen que afrontar unha serie de etapas, entre elas a menopausa e a andropausa, que desde o punto de vista nutricional marcan novas necesidades e recomendacións dietéticas.
En España son máis de catro millóns e medio as mulleres que se atopan na menopausa, pero tan só unha pequena parte delas acode á consulta xinecolóxica e só un 5% recibe tratamento hormonal. No tocante ós homes, é máis difícil precisar cantos atravesan a andropausa, xa que os máis deles, non sendo que exista algún problema de saúde, non acoden a someterse a ningún recoñecemento.
A menopausa é o período no que cesa a menstruación e no que se producen importantes cambios físicos e emocionais. A idade de inicio difire dunhas mulleres a outras, pero sitúase entre os 45-55 anos. Abafos acompañados de calor, cor rubia do rostro e suor, desordes psíquicas (irritabilidade, ansiedade e insomnio), dores articulares, ganancia de peso, desmineralización, son algúns dos síntomas e alteracións físicas máis comúns. A ganancia de peso, de entre 2 e 3 quilogramos como mínimo, débese a unha diminución das necesidades enerxéticas, xa que se tende a perder masa muscular, o tecido que máis enerxía consome do corpo.
Amais do tratamento hormonal con estróxenos (terapia hormonal substitutiva -THS), ó que non todas as mulleres se poden someter, existe outra alternativa que consiste na administración de comprimidos que conteñen fitoestróxenos procedentes da soia. Estas substancias posúen actividade estroxénica, é dicir, compórtanse de xeito similar ós estróxenos femininos. Estudos epidemiolóxicos realizados en poboacións asiáticas demostraron que o consumo habitual de soia e derivados (bebida de soia, tofu ou callada de soia, etc.) reduce os síntomas asociados á menopausa: afogos, cambios de humor, etc.
A andropausa ou "Síndrome de Adam" é un proceso lento e gradual que comeza a afectar o varón cara ós 50 anos e que está relacionado co descenso do nivel de andróxenos ou hormonas sexuais masculinas, en especial da testosterona. No canto dos abafos que amosa a muller, o home presenta calafríos. Segundo a estabilidade psicolóxica individual, sucédense cambios na conducta e na actitude, leves e progresivos ou drásticos e intempestivos. Hai unha marcada tendencia a engordar. Prodúcese un incremento da graxa que se deposita a nivel abdominal e unha perda de masa muscular que varía en función da estatura, grao de actividade e calidade de vida.
Evite o exceso de graxas saturadas. Abundan en carnes, vísceras, chacinería, lácteos enteiros, nata e manteiga, productos de repostería industrial ou outros que inclúen aceites de coco ou palma.Trátase dunha enfermidade na que se produce unha redución da masa ósea; os ósos vólvense máis fráxiles e aumenta a incidencia de fracturas, sobre todo de vértebras e do colo do fémur.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI