Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Actualidade e lecer > Informe

Λ

Os datos, informacións, interpretacións e cualificacións que aparecen nesta información corresponden exclusivamente ao momento en que se realizaron e teñen, xa que logo, unha vixencia limitada.

Informe:: Os outros gastos da compra dunha vivenda

Os trámites burocráticos poden supor un desembolso adicional de ata o 10% do custo da vivenda

  A compravenda de vivenda leva aparellada unha serie de impostos e gastos de tramitación (escritura, inscrición rexistral...) que incrementan significativamente o prezo da vivenda e que son fonte usual de sorpresas pouco agradables. Quen vai adquirir unha vivenda debe ter moi presente que ó prezo da casa lle ten que sumar, polo menos, un 7-8% máis, que pode chegar ó 10% nalgúns casos, en concepto de IVE (para vivendas novas), ITP (nas de segunda man), rexistro, notario e xestores, entre outros. Dado que esa cantidade extra non entra dentro da contía solicitada ó banco, salvo que nos taxen a vivenda por unha contía moi superior ó seu prezo de mercado, para mercar unha vivenda cómpre dispor dalgúns aforros. Estímase que unha vivenda que custa 120.000 euros levará en concepto de trámites burocráticos arredor de 9.600 euros, mentres que unha que ascende a 210.000 pagará arredor de 16.800 euros.

Outra sorpresa que leva o comprador novato é que os gastos da compravenda son independentes dos gastos do préstamo hipotecario que normalmente se solicita para adquirir a vivenda, se ben ó liquidarse todos conxuntamente se dá certa confusión sobre os importes e as porcentaxes que supón para cada operación. E é que, ó igual cá operación de compravenda, a hipoteca, amais dos gastos de taxación, de apertura, comisións e seguros, comporta gastos de notario, avogado, xestoría, impostos e Rexistro da Propiedade, pero con algunhas matizacións. A complexidade da compravenda dunha vivenda fai completamente necesario o asesoramento dun profesional ó longo de todo o proceso: despexará as nosas dúbidas e realizará no noso nome as xestións pertinentes.

Paginación


Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto