Saltar o menú de navegación e ir ao contido

  • Bienvenido (ES) | Ongi etorri (euskarazko bertsioa) | Benvingut (versió en català) | Benvido (versión en galego)
  • Bienvenido (ES)
  • Boletines
    •  | Baixa  | Máis opcións |
  • Portadas anteriores

EROSKI CONSUMER, el diario del consumidor

Buscador

logotipo de fundación

Canles de EROSKI CONSUMER


Estás na seguinte localización: Portada > Edición impresa > Saúde

Λ

Ombreiro doloroso: tendinite por rozamento: Lesión crónica que non sanda sen tratamento

O ombreiro doloroso é un cadro clínico caracterizado por dor e limitación, máis ou menos acusada, da mobilidade do ombreiro. Trátase dun problema que cada día motiva máis consultas: afecta hoxe a entre un 4% e un 7% da poboación, e é máis frecuente nos homes. O seu comezo adoita ser insidioso e lento: a dor xorde tras algúns movementos concretos ou ben pola noite. As molestias iniciais poden ser tan leves que non se lles conceda maior importancia, ata que un día a dor se agudiza ou se fai máis acusada a limitación da mobilidade. É unha patoloxía de curso longo, crónica e que ás veces precisa de intervención cirúrxica.

Dor ó erguer o brazo

As causas do ombreiro doloroso poden ser moi diversas (ten moitas estruturas óseas, musculares e tendinosas), pero as máis frecuentes son as lesións do tendón do músculo supraespiñoso, a tendinite da porción longa do bíceps, e o chamado síndrome subacromial. O tendón do supraespiñoso, xunto cos tendóns do infraespiñoso e redondo menor, forma o denominado mango dos rotadores, unha estrutura que protexe a articulación e que se lesiona a miúdo. Cando o brazo se eleva por riba do plano do ombreiro, esta estrutura tendinosa tende a rozar contra o bordo inferior do acromion que se sitúa xusto por riba, o que é causa de inflamacións, esgazaduras e mesmo roturas. A dor aparece cando se intenta erguer o brazo. Polas noites, a dor pode chegar a impedir adoptar posicións cómodas para durmir. O habitual é que o brazo se poida utilizar se non se eleva por riba do ombreiro.
Por unha banda a sobreutilización ou sobreadestramento que propician algúns deportes (natación, lanzamento de peso, xavelina...) ou traballos (movementos repetitivos do ombreiro con elevación dos brazos por riba do plano dos ombreiros realizando forza e/ou manipulando cargas) dan lugar ó engrosamento do tendón, ó rozamento e á lesión tendinosa. Como os tendóns son estruturas moi pouco vascularizadas, con pouca irrigación sanguínea, este tipo de lesións non amosa ningunha tendencia espontánea á curación; pola contra, tenden a facerse crónicas, a agravarse, podendo chegar ata a rotura parcial ou total do tendón. Pero tamén pode darse que co paso dos anos poidan aparecer fenómenos dexenerativos na articulación acromioclavicular, o teito do túnel, de tipo artrose dexenerativa, que estreita o túnel, que o pecha en parte, e que provoca o rozamento do tendón co óso. O resultado é a tendinite.

Síntomas e diagnóstico

O máis importante desta afección é a dor, que aparece co movemento de separación e elevación do brazo e, moi particularmente, nun determinado punto da manobra -entre os 70 e 100 graos do arco que fai o brazo-. Ó primeiro pódese utilizar a extremidade sen dor se non se eleva por riba do ombreiro, pero co paso do tempo as molestias pódense tornar constantes, ata impedir adoptar posturas cómodas para durmir pola noite, de xeito que deitarse sobre o lado afectado pode resultar moi doloroso. Xunto coa dor, outro síntoma é a limitación da mobilidade, que se vai acentuando co paso do tempo e que mesmo pode chegar, se o tendón se rompe, a impedir o movemento de separar o brazo do corpo.
Os síntomas e a exploración que realiza o médico chegan para realizar un diagnóstico de presunción que cómpre confirmar cunha ecografía. Se con esa proba non fose abondo habería que optar por unha resonancia magnética. Efectuado o diagnóstico e esclarecido o grao de severidade da afección, perfílase o tratamento para cada caso.

Tratamento

A tendinite do supraespiñoso tende a cronificarse e a agravarse coa idade sen amosar tendencia espontánea de curación, polo que sempre require tratamento. O repouso da extremidade superior é obrigado e ó primeiro resulta útil aplicar xeo dúas veces ó día durante os tres primeiros días. Despois hai que cambiar e empregar calor, tamén varias veces ó día.

 Se a afección é leve ou moderada a inflamación desaparece coa aplicación de frío-calor, e é daquela cando se comeza coa rehabilitación, que consiste en potenciar a musculatura do ombreiro. En persoas novas e sen lesións importantes tendinosas, a miúdo isto é abondo para unha total recuperación, pero, se as molestias persisten, cómpre engadir un tratamento con antiinflamatorios, se ben a súa eficacia é escasa debido a que os tendóns están pouco vascularizados e os medicamentos lles chegan moi mal por vía sanguínea. Por iso, a miúdo cómpre recorrer ás infiltracións locais con glicocorticoides, analxésicos e anestésicos locais. Pódense realizar ata tres infiltracións con intervalos dunha semana entre unha e outra.

O tratamento cirúrxico aplícase cando todos os anteriores fallaron ou se a afectación é severa. Na intervención cirúrxica amplíase o túnel subacromial para evitar os rozamentos e reconstrúense os tendóns afectados cando a lesión tendinosa é importante. Unhas semanas despois da intervención poderase comezar a rehabilitación, que resulta máis difícil cá de calquera outra articulación e que inicialmente lle proporcional moi poucas satisfaccións ó paciente e ó fisioterapeuta. Pódese chegar a prolongar ata 3 e 6 meses, polo que se require unha boa dose de paciencia e, o máis importante, unha estreita colaboración entre paciente, fisioterapeuta e traumatólogo.

Prevención

A prevención das lesións do ombreiro non é doada, pois calquera persoa é candidata a padecela. Así e todo, son especialmente susceptibles as que polo seu traballo están sometidas a sobrecargas posturais, movementos repetitivos da articulación e manipulación de cargas cos brazos por riba do plano dos ombreiros. Como non sempre resulta doado eliminar ou corrixir estes factores laborais, tórnase fundamental efectuar pausas nestas actividades e, sobre todo, potenciar a musculatura do ombreiro mediante exercicios sinxelos de realizar, que se poden facer na casa en momentos libres.


Relacións deste contido

Descargar esta información en PDF

PDF: Fai clic aquí para Descargar esta información en PDF (124 Kb)

Outros servizos


Buscar en

Información de Copyright e aviso legal

Visita nuestro canal Eroski Consumer TV

En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI

Fundación EROSKI

Validaciones de esta página

  • : Conformidad con el Nivel Triple-A, de las Directrices de Accesibilidad para el Contenido Web 1.0 del W3C-WAI
  • XHTML: Validación del W3C indicando que este documento es XHTML 1.1 correcto
  • CSS: Validación del W3C indicando que este documento usa CSS de forma correcta
  • RSS: Validación de feedvalidator.org indicando que nuestros titulares RSS tienen un formato correcto