Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Múltiples alumnos matriculados na Academia de Idiomas Access Language víronse afectados pola creba da empresa, atopándose na difícil situación de asumir a carga dos créditos ó consumo concertados para o pagamento dos servizos de ensinanza. O Ministerio Fiscal exercitou accións contra a empresa por un delito continuado de estafa. Relata o Xulgado de Barcelona, en sentencia do 28 de abril de 2003 que, malia a entrar en creba técnica, con importantes débedas e imposibilidade de facer fronte ó pagamento de alugueiros, persoal, etc., o responsable da academia continuou publicitando os seus servizos de xeito espectacular para seguir captando alumnos. Obtivo así importantes ingresos, para pouco despois declarase en creba e rematar pechando. Di o xulgado que se aplica a Lei de crédito ó consumo, segundo a cal a ineficacia do contrato de consumo determina a ineficacia do contrato de financiamento. Por iso suspende os efectos dos contratos de ensinanza e dos contratos de préstamo vinculados, establecendo a prohibición de que as entidades financeiras inclúan os alumnos en listas de morosos.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI