Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Unha comunidade de propietarios aprobou por maioría a instalación dun ascensor co fin de suprimir barreiras arquitectónicas. Consideraban que para a instalación do oco e caixa do ascensor cumpría ocupar o espazo dun local de negocio, e o propietario deste foi o único veciño que se posicionou en contra. Presentada a cuestión ante os tribunais, invalidouse o acordo por non se acreditar o carácter imprescindible da servidume do local. A comunidade de propietarios apelou a sentencia, pero a Audiencia de Xaén reiterou a invalidez do acordo, sen ben por outros motivos. Lembra a Audiencia, en sentencia do 20 de maio de 2003, que a lei lles impón ós propietarios soportar as servidumes necesarias para a creación de servizos de interese xeral, como o ascensor, pero que a obra pretendía instalar o oco e a caixa do ascensor no local. Isto supuña ocupar e facer propio da comunidade espazo privativo. Segundo esta sentencia, esta ocupación non é unha servidume, senón unha cesión, venda ou expropiación forzosa de índole privada. Soamente cando a apropiación é mínima se pode impor a servidume, pero non cando se trata da ocupación total do espazo privado.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI