Saltar o menú de navegación e ir ao contido
Un caso similar pode merecer sentenza distinta. Esta páxina recolle sentenzas dos nosos tribunais que, polo seu contido, afectan aos consumidores e usuarios de todo tipo de produtos e servizos. Non esqueza que ante feitos similares, as cuestións de proba, as circunstacias concretas das partes implicadas e ata o tribunal que sexa competente na causa pode determinar fallos distintos.
Un usuario que tiña contratada unha póliza de accidentes faleceu debido a un infarto de miocardio cando estaba desenvolvendo o seu traballo habitual. A póliza sinalaba como beneficiarios os seus herdeiros legais, pero a compañía rexeitou o sinistro porque consideraba que o falecemento non se debeu a un accidente senón a unha enfermidade. Os herdeiros do falecido demandaron a aseguradora e solicitaron a indemnización pactada no contrato, entendendo que a causa do falecemento era externa, en concreto debida ó alto nivel de estrés laboral. Aclara o Supremo, en sentencia do 11 de novembro do 2003, que o infarto de miocardio debe comprenderse dentro do seguro de accidentes cando teña unha causa externa e que, neste caso, o que motivou o infarto foi a presión e estrés como consecuencia do aumento de traballo, do esforzo físico e de tensións laborais. Como o infarto sobreveu por esta causa esóxena, e non por unha enfermidade que padecía o asegurado, o Supremo deulles a razón, condenando a aseguradora a indemnizar os herdeiros con 36.060 euros máis os intereses do 20% desde a interposición da demanda ata o completo pagamento, amais das custas.
En EROSKI CONSUMER tomámosnos moi en serio a privacidad dos teus datos, aviso legal. © Fundación EROSKI